Germán Díaz e Benxamín Otero
Entre finais do século XIX e principios do XX —parello á recuperación do patrimonio monumental que atendeu ao sepulcro de Avellaneda— existiu un especial interese na recompilación do cancioneiro popular español de tradición oral.
Música no claustro convida ao reencontro co zanfonista Germán Díaz, gran coñecedor e divulgador deste legado musical, que presenta, xunto a Benxamín Otero, unha escolma de trece melodías evocadoras, transfiguradas nunha das linguaxes máis creativas da escena contemporánea galega.