De catro a catro, historias no mar
Sombras chinesas e narración oral van da man nesta actividade de narración oral, que conta a historia de Xan, un vello mariñeiro, e Uxía, a súa neta.
Unha actividade de Ler conta moito para cativos de 4 a 8 anos.

Sombras chinesas e narración oral van da man nesta actividade de narración oral, que conta a historia de Xan, un vello mariñeiro, e Uxía, a súa neta.
Unha actividade de Ler conta moito para cativos de 4 a 8 anos.
Perder a creatividade é algo que acontece dun xeito habitual a medida que se medra. Este obradoiro quere parar ese efecto do crecemento, mirando todo ao revés para fomentar e desenvolver o pensamento creativo.
A partir de 7 anos.
Unha actividade de Ler conta moito
A mecánica das escape rooms é moi sinxela: os participantes son encerrados nun espazo decorado de forma temática e deben conseguir saír do interior resolvendo enigmas. Esta actividade para todos os públicos inspírase en Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll
Unha actividade de Ler conta moito
Este obradoiro creativo para nenos e nenas de 6 a 12 anos permite descubrir a obra de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. Os participantes terán que elaborar un cabezudo inspirado nalgún dos protagonistas das historias de Moreno empregando cartón e papel.
Unha actividade de Ler conta moito
Gliz é un can de palleiro que vive nunha casa árbore cunha familia de nubes. Nese mundo especial as flores perden as súas cores pola noite e Matís é o encargado de pintalas de novo. Pero un día Matís non pode pintar máis.
Unha actividade de narración oral con xogos motrices e con debuxo en directo do escritor e ilustrador Anxo Fariña.
Para nenas e nenos de 3 a 6 anos
Don Quixote é unha comedia que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a unha versión gastronómica da obra de Cervantes.
Un espectáculo de Limiar Teatro. Consultar na biblioteca o público ao que vai dirixido.
A representación forma parte do ciclo Ler conta moito
Unha festa musical coas letras do abecedario! A actividade é concerto dinámico, con moita interacción co público e onde diferentes personaxes acompañan cada canción. Pop, hip hop, rock and roll ou aínda matices de swing mesturados con textos cheos de fantasía serven para achegar a poesía aos asistentes.
Esta actividade de Ler conta moito está pensada tanto para bebés, como para cativos de 3 a 11 anos e para colectivos con necesidades especiais. Máis información na biblioteca.
Un espectáculo para todos os públicos no que a partir da obra de María Victoria Moreno (escritora das Letras Galegas 2018) e de diversos fragmentos e relatos da súa obra (Mar adiante, Pan con chocolate, Querida avoa, Leonardo e os fontaneiros ou Eu conto, ti cantas) se percorre o universo da autora. Os temas centrais son a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respecto á natureza ou o amor polos animais.
Unha actividade de Ler conta moito
As nosas historias é un obradoiro para nenos e adultos que xunta a maxia do teatro de sombras chinesas coa forza das historias da tradición oral galega.
Unha actividade do programa Ler conta moito
O espectáculo mestura a narración oral con cancións, rimas, monicreques e ilustracións. Os contos están adaptados a todas as idades, dende bebés a nenos de dous anos. Contados por un único narrador, o espectáculo acompáñase de efectos musicais, cancións, manipulación de obxectos, ilustración e rimas, para facer dos contos algo nos que os rapaces poidan participar activamente.
Unha actividade de Ler conta moito