Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Maxia e libriños con Leo Leiño

A través da maxia e dos contos, o espectáculo propón un percorrido por historias incribles, no que a ilusión e a sorpresa encherán de risas e diversión a biblioteca. Con esta actividade, os participantes descubrirán o universo sen límites que se agocha dentro dos libros.

A actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 13 anos, e ten unha duración de 60 minutos.

Galego

A incrible historia da maxia

Esta charla pretende espertar o interese pola arte da maxia nos asistentes. As fantásticas e sorprendentes historias da maxia irán acompañadas, ás veces, coa realización de xogos de maxia, e noutras ocasións coa explicación dalgún xogo, xogos baseados en segredos físicos e matemáticos, pois ao fin e ao cabo, a maxia sempre foi da man do coñecemento.

O espectáculo ten unha duración de 90 minutos. Para todos os públicos, a partires de 7 anos.

Galego

O cataventos e outras historias de Vilaxeada

En Vilaxeada hai unha velliña, un curral sen galo, un cataventos… As pitas do curral, que coñecen ben o que acontece, reúnense de cando en vez para contar as historias da aldea: como apareceu o cataventos da igrexa, como quedou o curral sen galo e que lle pasou a outros personaxes e animais que por alí vivían.

Contacontos baseado nos relatos de Mª Victoria Moreno.

Duración: 45 minutos aprox.

A partir de tres anos.

Galego

Obramaxia 3.0

Obradoiro de maxia a cargo do Mago Pedro Bugarín onde ademais de ser espectadores, os asistentes poderán facer maxia eles mesmos. Os xogos son sinxelos de realizar, pero abraiantes para os ollos inexpertos. Realizaranse con obxectos cotiás e sinxelos de atopar (móbiles, libros, gomas elásticas, moedas, cartas, rotuladores, escarvadentes etc).

A actividade dura uns 90 minutos e está destinado a todo tipo de públicos, a partires de 6 anos.

Galego

Mundo Máxico 3.0

Mundo Máxico 3.0 é un espectáculo do Mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Reúne maxia tradicional con xogos 3.0, ilusionando co máis místico da literatura clásica e o máis moderno das tecnoloxías. Non deixará indiferente a ninguén, teña 7 ou 107 anos.

Galego

Obradoiro de globoflexia

Neste obradoiro os nenos gozarán aprendendo a facer globos ao mesmo tempo que se estimula a súa creatividade e destreza. Este obradoiro fai fincapé en mellorar nos nenos a confianza en si mesmos ademais de promover a lectura a través de contos dun xeito moi ameno. A parte final do obradoiro será con música na que os nenos bailarán ao mesmo tempo que constrúen as súas creacións maxistrais.

Para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.

Galego

O raposo Rufo

Actividade baseada na colección de libros de O raposo Rufo, con contacontos nos que se fará partícipes aos nenos, e obradoiro final para que os pequenos desenvolvan o visto na actividade. Os libros de Rufo tratan sobre os valores, a reciclaxe, a natureza e o seu coidado, alimentación, bos hábitos...

Para nenas e nenos entre 4 e 11 anos.

Galego

Fotoconto

Todos soñamos algunha vez con ser os protagonistas dun conto, e esta vez será posible coa axuda desta actividade na que as fotos dos participantes se converterán nas ilustracións máis orixinais.

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Dirixido a persoas con Síndrome de Down e outros colectivos con trastornos leves de neurodesenvolvemento.

Galego

Tapones que salvan vidas

Tapones que salvan vidas é un obradoiro artístico e solidario. Os nenos traballan en facer deseños divertidos cos tapones que previamente recolleron na casa. Con estes deseños pódese crear unha historia e contribuir nunha campaña solidaria.

Para nenos e nenas a partir de 5 anos.

Galego

Contos para un mundo mellor

Diego Maceiras (acordeón) e Gloria Mosquera contan varias historias con música e cancións, nas que se tratan temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir non… facendo reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal, da cooperación e  da responsabilidade como necesarios mecanismos de paz e felicidade.

Para nenos e nenas de 3 a 8 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito