Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O Paroleiro

Pablísimo presenta o seu novo e completo espectáculo, unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e a tradición oral. Nesta produción empréganse recursos como: sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, retahilas, brinquedos, cancións e narración oral. 

Para nenos e nenas de 3 a 9 anos. 

Galego

Amodo amodiño

Tring, tring, tring! Miska e Muska son grandes amigas unidas por unha paixón común: a bicicleta! Tras un inesperado reencontro, comezarán a rememorar historias que viviron xuntas; lembraranse de cando se coñeceron, nunha tola viaxe polo mundo; de Lolo, que aprendeu el só a ir en bici; da pita da tía Amelia, que quería uns patíns; e da peculiar carreira entre unha lebre e unha tartaruga.

Galego

Avós

Unha nova aventura dos Ratos de Lonxedetodo. O ciclo da vida e o respeto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo.

Galego

Como un allo!

Adultos, mocidade e ata nenos e nenas de 4 a 12 anos son os públicos obxectivos desta actividade, Como un allo! (Trivial galego). Un xogo de mesa de preguntas e respostas sobre cultura xeral e lingua que desafiarán os coñecementos sobre Galicia dos xogadores. 

Galego

Pintando con Paul Klee

Pintando con Paul Klee é un obradoiro artístico. Os nenos e nenas coñecen o traballo deste mestre da pintura e realizan un deseño colectivo dun mural ou traballos máis pequenos baseándose nunha obra de Klee.

Obradoiro para nenos e nenas a partires de cinco anos.

Duración: 120 minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito