Chocolate
Teatro Calavera traen ao cociñeiro Antón e á pasteleira Tomasa, que empregan a receita atopada nun libro antigo para vivir unha aventura aloucada na procura do mellor chocolate.
De 3 a 8 anos
Teatro Calavera traen ao cociñeiro Antón e á pasteleira Tomasa, que empregan a receita atopada nun libro antigo para vivir unha aventura aloucada na procura do mellor chocolate.
De 3 a 8 anos
Este obradoiro creativo - destinado a nenos e nenas de 5 a 8 anos - permitirá adentrarse nun restaurante especial, un no que os principais ingredientes para os pratos son os libros e a imaxinación.
Tan, tan, tan grande é o mundo que se pode atopar un tesouro debaixo dunha pedra, nunha illa deserta, na lúa, nun cofre ... e, sobre todo nos contos.
Espectáculo de contacontos
A narración e a enxeñaría en papel axudan a despregar a imaxinación. Os elementos animados invitan a participar activamente coa historia e co libro mesmo como obxecto.
Espectáculo de narración oral.
Coñecer o mundo que rodea -aínda que se teñan orellas de trapo - é posible gracias aos contos.
De 3 a 10 anos
Da señora Antonia din que é unha meiga, se cadra polo seu aspecto con sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada, ou polos seus amigos, pantasmas, bandidos e morcegos. A señora Antonia tamén sabe moitas historias sobre o mundo das tebras.
De 3 a 12 anos
Obradoiro de ilustración para nenas e nenos de 4 a 12 anos, no que darán vida ás súas personaxes de conto favoritas. Debuxa, recortar e pintar serán as actividades a realizar, ao tempo que os cativos aprenderán a técnica da estampación.
Espectáculo onde é clave a interacción dos artistas coas nenas e nenos. A música de Pakolas, acompañada por contos e polas cores e debuxos de Laura Romero, son o principal atractivo para o público infantil e familiar.
O espectáculo está baseado no libroCD de Pakolas: cancións para rockear, para soñar e tamén, sobre todo, para aprender.
Para nenas e nenos de entre 3 e 10 anos.
Espectáculo para bebés no que Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os e as máis pequenos.
Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas ou guitarra e algún dos seus temas máis populares. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión son as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos.
Público: menor de 3 anos.
O espectáculo leva á cativada nun mergullo escénico para coñecer a Golfiña e acompañala na súa viaxe submarina. Esta peza de monicreques propón unha reflexión sobre a problemática da contaminación no medio mariño.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.