Ciclo de cine no CGAC

Imaxe: 
Ciclo de cine no CGAC
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Fedora (Billy Wilder, 1978)

Fedora, unha famosa actriz, falece en París atropelada por un tren. No seu funeral, un produtor de cine recapacita sobre os feitos ocorridos nas dúas últimas semanas e pregúntase ata que punto puido el influír na súa morte. Todo comezou cando foi a Corfú para vela e descubriu que vivía nunha illa privada cunha enfermeira, unha anciá condesa e o cirurxián plástico que conseguía mantela cunha asombrosa aparencia xuvenil.

Entrada gratuíta ata completar as localidades

Máis información

Galego

Saint Jack (Peter Bogdanovich, 1976)

A principios dos anos setenta, o americano Jack rexenta un prostíbulo en Singapur. Aínda que a competencia é grande e violenta, conseguiu sobrevivir grazas a que a policía se deixa subornar. Pero a chegada dun novo inspector que se encarga de revisar os seus libros de contas non fará máis que agudizar os seus graves problemas.

Entrada gratuíta ata completar as localidades

Máis información

Galego

Sorcerer (William Friedkin, 1977)

Un grupo de excluídos, de diferentes orixes e nacionalidades, vese obrigado por necesidade a viaxar a América do Sur para traballar nunha perforación petrolífera. As cousas non saen como foron previstas, pero dáselles aos homes a oportunidade de ganar algo de diñeiro para poder regresar: deberán transportar seis caixas dun explosivo sumamente inestable a través da selva, en dous camións antigos.

Entrada gratuíta ata completar as localidades

Máis información

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ciclo de cine no CGAC