Busca

Páxinas

29/10/2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acompaña este proxecto desde as súas orixes con axudas ao seu guión, desenvolvemento previo e produción que supoñen un investimento de máis de 270.000 euros

Mara Sánchez e Adam Prieto encabezan o reparto deste filme da produtora galega Sétima con Sideral, gravada integramente en galego

Súmase a outras seis películas e series filmadas en Galicia durante este segundo semestre do ano con subvención do Goberno autonómico

23/10/2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, avanza esta asistencia na presentación do programa, que contará con 100 autores de Europa e Latinoamérica

Galicia estará presente con Manuel Rivas, Paula Carballeira, Diego Ameixeiras, Ismael Ramos, Berta Dávila, Alba Cid, Jaione Camborda, Samuel Diz e José Carnero

Máis de 30 sedes culturais de Madrid e Málaga acollerán encontros, conversas, recitais e cafés literarios entre o 9 de novembro e 1 de decembro

03/09/2024

O delegado territorial, Javier Arias, asistiu esta mañá ao inicio da prospección xeofísica con xeorradar que permitirá mellorar a delimitación e o contexto inmediato do xacemento

30/05/2024

O certame de música relacionada co piano e os instrumentos da familia do teclado celébrase do 17 ao 21 de xullo en Tui e Valença do Minho con concertos únicos como o do cantautor luso Salvador Sobral

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a “oportunidade que supón unir artistas do mundo hispano, galego e lusófono para o enriquecendo da oferta cultural aos dous lados do Miño”

29/07/2026

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que se substituirá a cuberta, restauraranse portas e carpintarías, e renovarase a instalación eléctrica e de iluminación, entre outros elementos

23/07/2026

O incremento en 2026 para esta liña de apoio cuadriplica o do 2025 por incluír un apartado específico para paquetes de proxectos, ao que se destinan 900.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria, que manterá aberto o prazo de presentación a partir de mañá e ata o 24 de agosto 

As subvencións están cofinanciadas con fondos FEDER da Unión Europea e impulsan a posta en marcha de películas e series cara á súa rodaxe nos vindeiros anos

22/07/2026

Salienta o carácter intimista á vez que universal desta publicación que recompila acuarelas do autor, baseadas na súa propia experiencia camiñando cara a Santiago

Destaca que a Xunta xa traballa para ofrecer unha programación ampla, diversa e por todo o territorio con motivo do Xacobeo 2027

16/07/2026

O director xeral de Cultura destaca que “se trata dun dos primeiros audiovisuais galegos e que se converteu nun fito cultural imprescindible do seu tempo”

A iniciativa, comisariada pola investigadora Estíbaliz Santamaría, reúne fotografías históricas da filmación, material gráfico e recursos divulgativos sobre a relevancia da película e a súa vinculación co territorio

Anxo M. Lorenzo salienta que a mostra, que poderá visitarse ata o 28 de agosto, completarase cunha proxección especial ao aire libre con música en directo

13/07/2026
  • Apróbase a renovación do convenio cunha dotación de 28.000 euros co obxectivo de  sufragar labores de asesoramento nas áreas legal, de administración, difusión e comunicación
  • O acordo inclúe a celebración da sexta xornada de venda e promoción escénica, que terá lugar o vindeiro 20 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia
01/07/2026

A representante do Goberno galego agradeceu o traballo desenvolvido por Ángeles Penas durante máis de tres décadas á fronte da institución, etapa na que o museo se consolidou como un referente cultural de Galicia