Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- …
- seguinte ›
- última »
Lugo, 27 de abril de 2026
A Xunta de Galicia colabora co festival de música FaCeLa Fest, que se celebrará en Lugo entre os días 6 e 9 de maio. A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación do cartel, coa presenza do delegado territorial, Javier Arias, e dos organizadores do evento, Celes Muinelo e Suso Rielo.
A delegada territorial da Xunta presentou este martes a programación para conmemorar o Día do Libro 2026
Visitas guiadas, contacontos, obradoiro de banda deseñada, exposicións, clubs de lectura infantís e para adultos e visitas escolares
López Campos reitera a disposición do Goberno galego de asumir a tramitación e xestión de expedientes dos concellos que así llo soliciten
A exposición, que fai un percorrido por 12 dos 25 doutoramentos honoris causa que lle foron outorgados, pode visitarse na fundación dedicada ao autor en Padrón
A proposta coincide co 45ª aniversario do recoñecemento que recibiu en 1980 por parte da Universidade de Santiago de Compostela
No percorrido exhíbense pezas da colección téxtil que conserva a entidade como togas, mucetas e birretes, ademais dos títulos oficiais das institucións académicas
- O Consello autoriza as bases desta convocatoria, que pasa de ser anual a bienal para atender as necesidades de estabilidade financeira a medio prazo dos pequenos espazos de exhibición de espectáculos escénicos de xestión privada
- Coa súa próxima publicación, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abrirá o programa de subvencións autonómicas ás industrias culturais galegas para 2026
O Goberno galego, en coordinación coa Deputación de Pontevedra, tramita por exclusividade o contrato para que sexa o arquitecto César Portela, autor do proxecto orixinal, quen continúe cos traballos no inmoble
Prevese un período de tres meses para resolver os trámites administrativos e outros seis para que se presente o proxecto
O obxectivo das novas intervencións é respectar as xa realizadas, cuxos dereitos de propiedade intelectual corresponden ao equipo técnico de Portela
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu esta mañá en Monte Pío ao recente premiado no Festival de Cannes, Oliver Laxe. O director, guionista e actor galego recibiu este sábado pola súa película Sirat o Premio do Xurado, o terceiro premio máis prestixioso deste festival de cinema.
Baixo o título ‘Outra mirada’, cada unha das quendas de visita está enfocada en afondar nun lugar diferente, con itinerarios singulares que inclúen desde os depósitos de obra do Museo Gaiás, aos fondos da Biblioteca e Arquivo de Galicia
Áreas normalmente restrinxidas ao público, como a galería subterránea que conecta o complexo, ou a contorna verde do monte, coa súa fauna e flora característica, serán tamén protagonistas destes percorridos explicativos
Este ciclo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolverase en diferentes fins de semana de abril e de maio
Poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o 20 de abril cos habituais servizos de accesibilidade e de mobilidade con servicio gratuíto de autobuses para ver o espectáculo
As entradas para as funcións de A burra, a mesa e o pau, programadas de mércores a domingos ás 18,00 h, poden adquirirse tanto na web ataquilla.com como no despacho de billetes do Salón Teatro, aberto desde dúas horas antes do comezo das representacións









