Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- …
- seguinte ›
- última »
Entregaráselle o Certificado de Recoñecemento pola Conservación do Patrimonio Titiriteiro co que o organismo asociado á Unesco recoñece o traballo neste ámbito de entidades de todo o mundo
A tradición galega dos monicreques, co personaxe de Barriga Verde como referente, darase a coñecer no que é o principal encontro mundial especializado neste eido
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2025
Cunha media de 400 persoas ao día, a mostra sitúase xunto a ‘Faraón. Rei de Exipto’ e ‘Galicia, un relato no mundo’ entre as de maior público da Cidade da Cultura
O pulo desta proposta, sumado ao de ‘Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum’ e de ‘Tattoo. Arte baixo a pel’, explica que o Gaiás despida 2024 como o ano con máis participantes no seu programa cultural
López Campos e Luis López agradecen a entidades culturais e a particulares o seu “enorme interese” e compromiso cara á recuperación deste espazo emblemático
A reunión forma parte da escoita activa aberta xa en agosto coa caixa do correo, na que se teñen recibido preto de 200 propostas de entidades culturais e particulares
O proceso, incluído na campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’, completarase con xuntanzas sectoriais con colectivos e representantes do sector
Vigo, 15 de setembro de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou esta mañá coa presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, o estadio Abanca Balaídos no que puido comprobar as últimas actuacións realizadas no recinto antes de gozar do partido do equipo local fronte ao Real Valladolid.
A estrea do novo de Sarabela Teatro, as comedias ‘Go Home’ e ‘As r(h)umorosas’, a danza de Elvi Balboa, a ópera ‘A loba branca’, a última montaxe de Chévere e ‘Camino al zoo’, con Fernando Tejero, prográmanse a través do circuíto autonómico
Esta rede de artes escénicas e música, cofinanciada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e 42 entidades locais asociadas, conta con preto de 2M€ en 2024 para ofrecer 552 actuacións de 172 formacións artística profesionais
O Salón Teatro, o Teatro Principal e o Centro Sociocultural de Santa Marta acollerán desde este sábado, 7 de setembro, obras de seis grupos de teatro afeccionado
Anxo M. Lorenzo salienta o incremento en máis dun 65 % nos últimos catro anos do apoio á Federación Galega de Teatro Afeccionado para “impulsar a importante actividade que se desenvolve en Galicia”
Disfunción Continua, Teatro de Cámara DITEA, Porta Aberta, Gargallada Teatro, Teatro Antas de Ulla e Teatro Pesadelo son as compañías participantes
O director xeral de Cultura participa na inauguración da oitava parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia que contará con Alexandre Bouzó como pregoeiro
Ata o domingo están previstas máis de medio cento de propostas culturais entre presentacións de obras, iniciativas para o público infantil ou as sinatura de libros nas que participarán unha trintena de escritores galegos
A Xunta colabora coa Fundación Las Edades del Hombre nesta exposición, que tamén poderá verse na Catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela
Na capital de Galicia exhibiranse unhas 170 pezas de artistas de renome, como Juan de Juni, Luis Salvador Carmona, Bartolomé Esteban Murillo, Gregorio Fernández, Alonso Berruguete o Alejo de Vahía
Estado de tramite:








