Busca

Páxinas

15/09/2024

Vigo, 15 de setembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou esta mañá coa presidenta do Real Club Celta, Marián Mouriño, o estadio Abanca Balaídos no que puido comprobar as últimas actuacións realizadas no recinto antes de gozar do partido do equipo local fronte ao Real Valladolid.

03/09/2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude procura corrixir así as patoloxías detectadas que poñen en risco a conservación deste Ben de Interese Cultural

Será preciso actuar sobre espazos públicos e canalizacións históricas existentes para levar a cabo tarefas de drenaxe que resolvan os problemas de filtracións

A intervención conta cun prazo de execución duns seis meses e encádrase no compromiso do Goberno galego coa conservación e posta en valor do patrimonio máis sobranceiro da Comunidade ao abeiro do Plan Catedrais

03/09/2024

A estrea do novo de Sarabela Teatro, as comedias ‘Go Home’ e ‘As r(h)umorosas’, a danza de Elvi Balboa, a ópera ‘A loba branca’, a última montaxe de Chévere e ‘Camino al zoo’, con Fernando Tejero, prográmanse a través do circuíto autonómico 

Esta rede de artes escénicas e música, cofinanciada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e 42 entidades locais asociadas, conta con preto de 2M€ en 2024 para ofrecer 552 actuacións de 172 formacións artística profesionais

21/06/2024

O director xeral de Cultura subliña a aposta en firme pola diversidade do talento, pola creación galega e pola atracción de novos públicos

Kirenia Martínez responsabilizouse da décima edición desta cita coa vangarda escénica contemporánea celebrada en maio con máis dun milleiro de asistentes

12/06/2024

O obxectivo desta iniciativa impulsada en colaboración con diferentes colectivos culturais é seleccionar un proxecto de escrita dramática para súa coprodución coa unidade teatral da Xunta de Galicia

Destínanse 6000 euros para a contratación desta dramaturxia, que deberá realizarse nun máximo de seis meses

  • Premio Emprende Gaiás-Sixto Seco
01/10/2014

Os tres incorporaranse de balde durante doce meses ao coworking do Gaiás e asistirán, con todos os gastos pagos, ao Zinc Shower, o maior meeting show de industrias culturais e creativas realizado en España

  • Vox Organalis
13/08/2014

O concerto do grupo vocal, que terá lugar o 15 de agosto, incluirá obras do século IX ao XVI

  • Ampla oferta expositiva en Santiago de Compostela
04/08/2014

O CGAC, a Casa da Parra, o Museo das Peregrinacións e de Santiago e o Mupega convidan a cidadanía a visitar as súas mostras, que inclúen obras de Mark Manders,  Berta Cáccamo e de grandes nomes da historia da arte

A programación que os museos xestionados pola Xunta ofrecen nas catro provincias pode consultarse en museos.xunta.es e en cultura.gal

23/07/2026

A Praza Castelao acolle ata o domingo a novena parada dun circuíto que supón unha das citas destacadas da programación ‘Para gustos, cultura’ da Xunta

O encontro arrancará co pregón de Anxo Angueira  e conta con ilusionismo, sinaturas de libros, música, danza, teatro, presentacións de novidades editoriais e un coloquio

A seguinte parada do ciclo impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías será A Coruña, do 1 ata o 10 de agosto

25/06/2026

A iniciativa conecta as artes escénicas profesionais de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa coa ruta xacobea do Camiño do Norte como eixo vertebrador

As propostas de Teatro O Cubo, Teatro de Ningures e Ártika Cía. son as seleccionadas para representar a produción galega na programación que terá lugar no outono

A Xunta mantén o seu apoio económico ao proxecto desde o seu nacemento a través da colaboración coa asociación Escena Galega, contribuíndo á parte da actividade que terá lugar en oito concellos galegos