Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- …
- seguinte ›
- última »
O certame celebrarase do 29 de abril ao 3 de maio cunha competición internacional con obras recentes do cinema contemporáneo de todo o mundo
A programación galega volve ocupar un lugar central a través dun apartado específico a concurso, da sección ‘Sombras’ e do espazo ‘Coming Soon’ para proxectos en desenvolvemento
A liña de subvencións da Xunta para festivais audiovisuais incrementou este ano a súa dotación ata os 310.000 euros, un 3,3% máis que en 2025, co que se contribúe á estabilidade de citas estratéxicas como o Play-Doc
O Diario Oficial de Galicia publicou as bases da convocatoria, aplicables a eventos de carácter profesional cunha duración mínima de catro xornadas e que teñan realizado tres edicións nos anos inmediatamente anteriores
- As bases da convocatoria para 2026 consolidan o incremento na dotación económica para esta liña de apoio ao sector, que experimentara o presente ano un incremento do 8,7% respecto a 2024
- Mantense a reserva de 300.000 euros para subvencionar os proxectos plurianuais de ata tres compañías que acrediten unha década de traxectoria
A dotación para os certames do sector ascende a 310.000 euros, cun incremento do 3,3% respecto á de 2025, mentres que a destinada á realización de curtametraxes e longas noveis conta cun investimento de 176.000 euros para 11 novas fitas
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu no Teatro Jovellanos á première española de As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns, dentro da competición oficial do certame asturiano
Este xoves será a quenda do documental 360 curvas, seleccionado dentro da sección Esbilla, e o venres terá lugar a estrea mundial de Así chegou a noite, a nova película de Ángel Santos Touza
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude é nomeado Cabaleiro da Orde do Mencía na cuarta edición desta celebración nun ano, dixo, “especialmente importante para acadar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial”
A Consellería do Medio Rural conta cun programa de actividades a través de Experiencias de Calidade, no que se inclúen catas e degustacións dos viños da DO Ribeira Sacra e da IXP Ternera Gallega
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliña a diversidade das propostas seleccionadas e a apertura dun interesante diálogo entre xéneros nesta edición que dirixe a autora e xestora cultural Eva Mejuto
As escritoras Paula Carballeira e Inés Martín Rodrigo, e o poeta Ismael Ramos compartirán a súa experiencia coas persoas participantes
A residencia desenvólvese do 30 de xuño ao 12 de xullo e inclúe novas actividades como rutas literarias e encontros con profesionais do mundo editorial
- O Xardín Botánico Ría do Burgo acolle mañá a estrea deste espectáculo itinerante para público familiar, que reflexiona sobre o valor dos oficios tradicionais e o papel das mulleres no mundo do téxtil
- A peza é o primeiro resultado dun proxecto social da súa creadora, que incluíu unha decena de actividades e obradoiros arredor da costura e o teatro
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que entre xaneiro e abril emitiron preto de 2.500 informes e autorizacións para particulares, empresas ou administracións
As actividades, que se estenden ao longo do mes de maio, abranguen desde mostras e propostas musicais ata obradoiros, xogos e contacontos para a cativada
As iniciativas desenvólvense nos sete equipamentos titularidade do Goberno galego e tamén no servizo móbil que percorre 30 concellos de Ourense e Lugo
López Campos destaca o papel destes espazos para “difundir a nosa cultura e identidade e poñer en valor as persoas que axudaron a construíla e preservala”








