Busca

Páxinas

02/09/2024

A Xunta achega á Cidade da Cultura 14 propostas artísticas que apostan por un ocio compartido entre cativada e persoas adultas

Haberá tamén varios espazos sensoriais para bebés, instalacións de realidade mixta e unha zona de petiscos para a merenda

A xornada, impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, celebrarase entre as 16,00 e as 20,00 horas con entrada libre e de balde

02/08/2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude reúnese por primeira vez co que fora responsable da rehabilitación iniciada en 2007 neste emblemático edificio de Vigo

Destaca que se trata dun encontro inicial “para analizar o estado actual do espazo e coñecer varias cuestións a ter en conta con vistas a retomar a reforma “

A Xunta, que adquiriu o inmoble coa Deputación de Pontevedra, considera un fito recuperar para uso público este equipamento cultural de gran simbolismo

02/08/2024

Trátase dun dos 12 certames profesionais de artes escénicas subvencionados en 2024 a través da convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dotada con 280.000 euros

O espectáculo ‘De Vilatriste a Vilalegre’, coproducido polo Centro Dramático Galego e Teatro ó Cubo para o 40º aniversario da compañía pública, atópase entre a trintena de citas dun programa que conta tamén con representación internacional 

30/07/2024

Destaca que para o Goberno galego “é esencial a implicación dos concellos, das institucións e dos diferentes axentes económicos e sociais deste territorio, así como da propia veciñanza”

O traballo da candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ continúa de cara á remisión da documentación neste 2024 e en 2025 e a resolución por parte do Comité no seguinte ano

Desde a Xunta deseñouse neste verán un calendario de xuntanzas coa poboación, tanto sectoriais como veciñais, para recoller comentarios e inquedanzas

10/06/2024

Anxo M. Lorenzo dá a benvida na Cidade da Cultura aos máis de 50 guionistas e representantes de produtoras e televisións dunha ducia de países que participan na segunda edición do programa European Writers Club

O encontro, que se desenvolve ata o día 15 en Santiago de Compostela, abriuse tamén aos profesionais galegos nunha sesión inaugural para a que se contou coa música en directo de Xabier Díaz

A Xunta forma parte desta iniciativa europea, da que é socia fundadora, para promover a colaboración internacional na xeración de contidos para televisión e plataformas

04/06/2024

Pontevedra, 4 de xuño 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na presentación do libro Pontevedra, haciendo memoria, que reúne diferentes artigos do xornalista Rafael López Torre sobre a historia desta cidade.

Rueda fixo fincapé no traballo de investigación que o autor realiza para elaborar cada unha das súas crónicas e salientou a súa capacidade para achegar a historia de Pontevedra aos lectores dunha forma amena e rigorosa.

16/07/2026

O director xeral de Cultura destaca que “se trata dun dos primeiros audiovisuais galegos e que se converteu nun fito cultural imprescindible do seu tempo”

A iniciativa, comisariada pola investigadora Estíbaliz Santamaría, reúne fotografías históricas da filmación, material gráfico e recursos divulgativos sobre a relevancia da película e a súa vinculación co territorio

Anxo M. Lorenzo salienta que a mostra, que poderá visitarse ata o 28 de agosto, completarase cunha proxección especial ao aire libre con música en directo

13/07/2026
  • O Consello dá luz verde á sinatura do convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello para levar a cabo a actuación
  • O investimento vai na liña do Goberno galego de procurar as mellores infraestruturas ao longo de todo o territorio para desenvolver actividades
  • O espazo, un edificio de estilo indiano, acolle unha continuada programación que contribúe á dinamización e participación cidadá
01/07/2026

A unidade teatral da Xunta presenta esta fin de semana dúas coproducións para espazos abertos, unha sobre as fronteiras e outra inspirada no teatro ambulante

‘Os pasadores’, creada pola autora e directora portuguesa Patrícia Portela, estréase este sábado en Santiago de Rubiás, no concello ourensán de Calvos de Randín

‘Ñiqui Ñaque’, dirixida por Roberto Vázquez a partir do texto de Cándido Pazó, estréase este venres en Cangas para visitar municipios das catro provincias ao logo do verán

04/06/2026

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a adxudicación de 350.000 € a esta longametraxe no marco da liña de atracción de rodaxes canalizada pola Xunta, na que tamén figuran os filmes ‘Sin huella’ e ‘Dímelo con besos’ 

Esta produción conta coa dirección do galego Pedro Díaz e con María Vázquez e Bruna Cusí nos papeis protagonistas