Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- …
- seguinte ›
- última »
A convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con 24 prazas, ten por obxectivo promover a creación escrita en lingua galega
A proposta está destinada a persoas maiores de 18 anos que se dediquen a calquera xénero, como a narrativa, o ensaio, a poesía, o teatro ou banda deseñada
Entre o 2023 e o 2025 participaron nesta actividade un total de 60 persoas e foron publicadas 12 obras
Estado de tramite:
A mostra ‘Maruja Mallo. Máscara y compás’ supón a maior retrospectiva realizada ata a data arredor da figura da pintora galega
O representante da Xunta fixo fincapé na importancia de difundir “a pegada dunha artista que rompeu barreiras e cimentou as bases da muller moderna”
Ademais, resaltou “a relevancia da presenza nun museo do director de Sirat, o que supón un recoñecemento máis ao seu talento e calidade como creador artístico” no día no que se anunciou como candidata aos Oscar a mellor Filme Internacional e Son
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude reuniuse en Madrid co ministro Ernest Urtasun de cara a marcar unha folla de ruta conxunta para os vindeiros meses
López Campos acudirá en febreiro en París a unha xuntanza co subdirector da Cultura da Unesco e o embaixador de España ante este organismo internacional
O titular de Cultura do Goberno galego asegura estar “satisfeito” co traballo técnico realizado e confiado na consecución deste recoñecemento internacional
As bibliotecas de xestión autonómica levarán a cabo exposicións, obradoiros, sesións de narración oral, concursos de caricaturas e mostras bibliográficas
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración nas accións en recoñecemento a este caricaturista político, retratista, debuxante e pintor
‘As Furgotecas’ súmanse aos festexos convidando a participar en murais e colaxes colectivas en honra do artista ferrolán
A mostra, coa que arrinca a programación expositiva do Museo Centro Gaiás en 2026, explora os límites da realidade física e da simulación dixital ao longo da historia, afondando na pulsión humana por crear mundos virtuais
Trátase da primeira itinerancia en España deste proxecto que puido verse orixinalmente en Madrid entre 2023 e 2024 e que se exhibiu posteriormente no Museo de Arte de Lima (MALI), no Perú
O vindeiro 4 de febreiro abrirá as portas ao público no Gaiás, onde poderá visitarse ata o 30 de agosto, con entrada de balde
- O Consello dá o visto e prace ao acordo para a creación e cualificación deste espazo, de titularidade municipal, como centro de interpretación do patrimonio cultural
- Únese deste xeito aos 96 espazos recoñecidos pola Lei ata o de agora, que distingue outros tres centros de interpretación, 70 museos e 23 coleccións
- Valórase a súa significación como testemuño das actividades industrias en Galicia, narrando a historia do lugar vencellada a este complexo
Cunha dotación global de 26.000 euros, o que se busca é incentivar a creación literaria en galego no eido teatral e contribuír a conformar un repertorio amplo de obras actuais
As bases publicadas no Diario Oficial de Galicia renomean algúns dos galardóns para facer un especial chamamento a pezas dirixidas á mocidade
O prazo de presentación de orixinais permanecerá aberto ata o 30 de abril de 2026
O responsable de Cultura do Goberno galego valora que se lle recoñeza e erixa como “un dos piares do florecemento cultural de Galicia”
Avanza que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organizará unha ampla programación ao redor da vida e obra do considerado ‘Patriarca das Letras Galegas’
Manifesta a “total vontade colaboradora” da Xunta co resto de institucións culturais, educativas e académicas para promover actividades de investigación e difusión
A través destas mostras, a Xunta de Galicia estende a programación cultural do Gaiás a cidades e vilas como Madrid, Zamora, Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Baiona, Ponteareas ou Ribadavia
As itinerancias fornecen de actividade a centros e institucións dentro e fóra da Comunidade co fin de facer a arte accesible a toda a poboación independentemente do seu lugar de residencia
Os 11 proxectos que configuran o programa deste 2025 da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, inclúen fotografía, pintura contemporánea e experiencias inmersivas








