Busca

Páxinas

12/07/2024

A actuación enmárcase nos obxectivos do plan para modernizar as infraestruturas culturais no que traballa o Goberno galego

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visita o resultado das actuacións de mantemento e conservación

Os traballos inclúen a limpeza das cubertas, canalóns e exterior e a renovación dos paramentos interiores e pintura dos dous andares e a fachada

12/07/2024

O titular de Cultura do Goberno galego destacou a colaboración con museos nacionais de Suecia, Dinamarca e Francia para facer realidade “unha das maiores exposicións feitas na península ibérica sobre a cultura viquinga”

‘Unha vida viquinga’ amosa na Cidade da Cultura máis dun centenar de pezas históricas, ademais de presentar unha curta inédita sobre mitoloxía nórdica asinada por David Rubín e unha recreación, en cartón pero a tamaño real, dun barco viquingo

17/06/2024

A medida enmárcase nas iniciativas da Xunta para acadar os obxectivos que se recollen na Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia

O día do concerto de Budiño instalarase un punto onde as persoas interesadas en probar os equipos contarán con asistencia técnica e unha intérprete en lingua de signos 

08/06/2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebra o éxito de acollida e enmarca a cita no programa de actividades para abrir os espazos verdes do Gaiás á toda cidadanía 

A rapazada menor de 10 anos de idade súmase por vez primeira a esta xornada de festa ao aire libre en familia participando nunha Peque Holi chea de cor

A proba, que mestura deporte, natureza e música, conta co patrocinio de Viaqua e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, Coca-Cola e Gadis

31/05/2024

O grupo, formado por estudantes dos conservatorios galegos de música profesional, de centros de ensino musical de concellos galegos e parte do coro infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia, interpreta poemas de Otero Pedrayo, Risco e Álvaro de las Casas

A iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, a dirección do mestre Maximino Zumalave e o acompañamento da formación Hércules Brass

Estado de tramite:

  • Logo dos Premios da Cultura Galega 2014
10/12/2014

O escritor Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, o actor Cándido Pazó, o Festival Ortigueira, a Agapi, o profesor David Mackenzie, o Grupo Marcelo Macías e o Centro Pen Galicia recollen os galardóns no día no que se conmemora o centenario da recuperación das cantigas de amigo de Martín Códax

  • As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
02/09/2014

A obra de Carlos Casares abre a temporada 2014-2015 do Centro Dramático Galego coa súa estrea no Teatro Principal de Ourense o próximo 3 de outubro

O elenco integrado por Alba Taín, Alberte Cabarcos, Davide González Lorenzo, Ailén Kendelman, Fran Lareu e Laura Villaverde traballará durante un mes no Salón Teatro de Santiago
 

  • Os sons do vento que pasa
14/08/2014

O concerto de FalaRedes 'Os sons do vento que pasa' estará en Malpica de Bergantiños, Toén e Parada de Sil 
 

  • Captura de pantalla da aplicación móbil
29/07/2014

 Cada usuario pode deseñar a súa propia ruta desde a casa, planificando a visita por adiantado, ou mesmo sen saír dela, xa que está dispoñible de balde en www.cidadedacultura.gal