Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- …
- seguinte ›
- última »
Salienta o impacto desta celebración para a área de Río de Vigo-Baixo Miño, con máis de 2 millóns de visitantes en 2024 (un 3% máis que o ano anterior)
Galicia acadou o seu récord histórico de turistas durante o ano pasado con máis de 8,2 millóns de desprazamentos, sendo o 30% visitantes de fóra do noso país
A nova edición do programa ‘Olladas de muller’, que inclúe 11 títulos, arranca o día 5 co filme ‘Prefiro condenarme’, presentado pola cineasta Margarita Ledo
Continúa o ciclo ‘Close-Up’ cunha palestra para reflexionar sobre programación plural e un encontro con Itsaso Arana e Jonás Trueba
A Sala José Sellier acolle tamén unha retrospectiva sobre o director Shinji Sōmai en colaboración coa Fundación Japón
O clásico de Gil Vicente preséntase o 10 de xaneiro en Santiago de Compostela dentro do ciclo de teatro en lingua portuguesa ‘Quintas do Camões’
O Centro Dramático Galego colabora nesta montaxe coa compañía Escola da Noite, o grupo de música antiga O Bando de Surunyo e outras catro estruturas lusas
A actriz Mónica Camaño e o músico Xurxo Varela forman parte do elenco da peza, que conta con António Augusto Barros á fronte da dirección
Lugo, 27 de decembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu esta mañá á actriz e directora Carmen Méndez, natural de Neira de Rei (Baralla), á que felicitou polos novos éxitos que vén de conseguir coa súa primeira curtametraxe, ‘Pura’, que se fixo con tres galardóns na trixésimo sexta edición do Aguilar Film Festival.
López Campos destaca que as terras do Baixo Miño teñen un “especial protagonismo” nesta exposición con imaxes desta ruta de 35 fotógrafos de ambos dous lados da Raia
O responsable de Cultura do Goberno galego salienta o “grande éxito” nas anteriores exhibicións nas cidades de Santiago, Vigo e Tui “con máis de 32.000 visitantes”
Destínanse 150.000 euros a esta convocatoria publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e que se resolverá por concorrencia competitiva
Poderá beneficiarse un mínimo de 10 proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical, presentados por empresas de ‘management’ ou edición fonográfica
Valoraranse para a súa concesión criterios relacionados coas traxectorias empresariais e artísticas, co emprego do galego ou coa participación feminina
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2024
A exposición Unha vida viquinga supera xa as 50.000 visitas desde a súa apertura o pasado mes de xullo na Cidade da Cultura de Galicia. A pouco menos dun mes de pechar as súas portas, esta mostra internacional que exhibe pezas históricas e arqueolóxicas de Suecia, Dinamarca ou Francia sitúase entre as tres máis visitadas da historia do Museo Centro Gaiás, xunto a Faraón, rei de Exipto (2021) e Galicia un relato no mundo (2019-2020).
O titular de Cultura da Xunta atribuíu o alto interese acadado pola exposición ao gran valor das 170 obras de arte sacra e os “dous escenarios únicos” onde puideron ser vistas
O Goberno galego colaborou coa Fundación Las Edades del Hombre na celebración deste XXVII edición desta mostra, que tivo sede compartida con Villafranca del Bierzo
Durante cinco meses permitiu gozar de pezas de artistas de renome, como Juan de Juni, Luis Salvador Carmona, Bartolomé Esteban Murillo ou Alonso Berruguete
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se anota esta manifestación de albanelería para a execución das decoracións sobre os morteiros de cal
A listaxe que xestiona a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xa conta con máis dun cento de bens e prácticas
Terá lugar o vindeiro 6 de novembro nos Estudios Mans da Coruña coa participación do multiinstrumentista Abraham Cupeiro, do grupo de fusión indie-folk Soleado ou da creadora plástica Laura Iturralde, entre outros artistas e profesionais
A iniciativa nace co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais para ofrecer unha xornada profesional e lúdica aberta a toda a cidadanía e centrada na formación, o debate e o ‘networking’









