Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »
A Unión Europea promove un conxunto de iniciativas para a difusión da diversidade cultural e para a posta en valor do patrimonio cultural europeo:
- Capital Europea da Cultura
- Selo de Patrimonio Europeo
- Xornadas Europeas de Patrimonio
- Itinerarios Culturais Europeos
O subprograma Cultura de Europa Creativa é o programa de financiamento europeo específico para todos os proxectos culturais, cuxos obxectivos xenéricos son fortalecer as empresas culturais e creativas para que poidan operar no ámbito transfronteirizo e internacional e impulsar a circulación e a mobilidade transnacional de artistas e obras.
Co obxectivo xeral de defender e impulsar os sectores creativo e cultural, o programa Europa Creativa promove diferentes premios de ámbito europeo:
Entidades dos Estados membros da UE e determinados países non comunitarios.
Poden participar todas as entidades do sector creativo e cultural, tanto públicas como privadas, que teñan polo menos dous anos de antigüidade e con sede legal nun dos Estados participantes no proxecto.
As persoas físicas non poden optar a estas axudas.
As Xornadas Europeas do Patrimonio son organizadas anualmente desde 1991 por iniciativa do Consello de Europa en colaboración coa Unión Europea. Estas xornadas son días de portas abertas á participación cidadá que se celebran durante o outono en toda Europa. O seu obxectivo fundamental é establecer unha conexión entre a cidadanía e o seu patrimonio. Máis de 50 Estados toman parte neste grande acontecemento de difusión do patrimonio.
Periodicidade: bianual



