Busca

Páxinas

A Rede de bibliotecas de Galicia (composta polas bibliotecas de titularidade pública, estatal, autonómica ou local integradas nesta rede) ofrécelles aos usuarios dos diferentes territorios de Galicia o acceso a milleiros de títulos e materiais informativos. Ademais dos servizos de préstamo, a Rede de bibliotecas de Galicia ofrece outros servizos e actividades para promover a lectura, que cada vez teñen unha meirande demanda social, como os clubs de lectura, charlas de escritores, sesións de animación á lectura para nenos e nenas etc.

A Dirección Xeral de Políticas Culturais xestiona unha rede de museos e centros expositivos a través dos cales se realiza un importante labor de difusión do patrimonio cultural.

Ademais do servizo de visitas e da actividade in­vestigadora cotiá destes centros expositivos, apóstase neles por unha pro­gramación que permita ampliar o coñecemento social dos seus fondos e abrirse cada vez máis ao conxunto da cidadanía.

Museos da Consellería de Cultura e Turismo

Feira do Libro de Frankfurt

Unha das principais liñas de promoción de obras galegas nos mercados exteriores é a presenza de libro e autores galegos nas principais feiras internacionais do libro, unha programación desenvolvida en acordo coa Asociación Galega de Editores.

A cultura galega hoxe

Na actualidade temos unha cultura rica e viva, que parte da tradición, pero que incorporou linguaxes contemporáneas. O feito de ser o final do Camiño que vertebrou culturalmente Europa facilitou a penetración das correntes de arte e de pensamento europeas ao longo de toda a Idade Media. A influencia da emigración a América tamén ten moito peso desde o século XIX; no século XX aviváronse tamén os contactos cos países atlánticos europeos, cos que flúe un diálogo natural, particularmente en materia  musical.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantén pontes de colaboración con diferentes institucións culturais de fóra de Galicia, para a promoción exterior conxunta da cultura galega. É o caso do protocolo de colaboración asinado co Instituto Cervantes, para executar de maneira conxunta actividades no ámbito internacional.