Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »
Amarillo-Atlántico
Vídeo HD. 14 min.
Yo no sé lo que busco eternamente
Vídeo HD. 8 min.
A tempestade
Vídeo HD. 10 min.
A tempestade. Dúas mulleres, tres voces e o camiño. Unha curtametraxe constituída por dous corpos, o texto e as imaxes, que dialogan entre si e representan a idea do Camiño de Santiago, o lado mental e poético, cuestionando e tratando de resolver problemas da vida, da nosa existencia.
Os parques arqueolóxicos xestionados pola Xunta de Galicia recollen os tesouros do noso pasado co fin de transmitir ás xeracións futuras o máximo coñecemento sobre o noso legado e as nosas raíces.
Estes centros achéganse aos modos de vida dos nosos antepasados buscando fomentar a conciencia sobre o coidado e a protección destes recursos.
Para conseguilo combínase o rigor científico e unha presentación atractiva, didáctica e amena cunha ampla oferta cultural, lúdica e educativa que inclúe actividades de difusión e comprensión.
Caliza
Vídeo HD. 6 min.
Dawn walks behind Dawn
Vídeo HD. 5 min.
A partir do estudo das referencias históricas e iconográficas do contexto do Camiño de Santiago e de Galicia, propoño unha nova visión a través de composicións fotográficas híbridas.
Os creyentes
Vídeo HD. 6 min.
Os creyentes xorde da iniciativa de facer o Camiño de Santiago con persoas que experimentaron unha pena de prisión. A intención é a de reflexionar sobre a moral colectiva que se establece mediante o sistema xudicial -lóxica do castigo- e a súa herdanza no dogma de fe, a relación entre ambas e a súa influencia nos sentimentos de culpa, castigo e arrepentimento.
The stop game
Vídeo HD. 17 min.
The stop game é unha curtametraxe sobre unha presidiaria que fai o Camiño de Santiago para conseguir a súa liberdade. En lugar de ser acompañada por un titor, leva un dispositivo de seguimento por GPS que rastrexa os seus movementos e vixíaa de lonxe. Na súa viaxe atopa un mundo que lle é descoñecido e do cal se sente excluída.
Unha forza do pasado
Vídeo HD. 5 min.
Partindo dos mitos relixiosos que inspiran o Camiño de Santiago e o seu simbólico final no Pórtico da Gloria, establecín un percorrido fotografando nos dous extremos da ruta xacobea mozárabe: Almería e Galicia. Un principio e un final, alfa e omega, dous opostos nos que a través de encontros casuais e programados se enfrontan as miñas fantasías coa realidade.

A Xunta de Galicia convocou mediante a orde do 10 de xullo de 2020 os Premios da Cultura Galega 2020 con oito modalidades para distinguir a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais.