Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »

A Xunta de Galicia convocou mediante a orde do 16 de xuño de 2021 os Premios da Cultura Galega con oito modalidades para distinguir a excelencia no traballo nos diferentes ámbitos culturais.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a convocatoria de diversos premios para incentivar a creación literaria e a difusión da obra de novos creadores.
Ademais dos premios literarios no ámbito escolar, tamén se convocan anualmente recoñecementos ao traballo investigador no ámbito cultural, sendo un dos máis destacados o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, promovido, con periodicidade anual, pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Editorial Galaxia e Gas Natural Fenosa.
Os Itinerarios Culturais Europeos son unha iniciativa do Consello de Europa que pretende crear un vínculo entre a cidadanía de Europa e o patrimonio cultural. Trátase de rutas entre sitios de particular interese histórico e turístico, que procuran o enriquecemento mutuo e o intercambio, ao tempo que facilitan a conciencia dunha identidade europea común.
Existen unha serie de buscadores promovidos por diferentes institucións europeas que axudan tanto á procura de parceiros como a localizar proxectos europeos aos que se sumar:

O programa Europa Creativa ten como obxectivo apoiar o sector audiovisual, cultural e creativo europeo.
Coa acción comunitaria Capital Europea da Cultura preténdese:

A nova lei do Patrimonio Cultural de Galicia, en vigor desde agosto de 2016, asume as determinacións da Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial.
O patrimonio inmaterial está constituído polo conxunto dos usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas, xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos e espazos culturais que lles son inherentes, que as comunidades ou mesmo os individuos recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural. Entre elas, as técnicas artesanais tradicionais, actividades produtivas e procesos.


