Busca

Páxinas

O Selo de Patrimonio Europeo é unha acción comunitaria que nace co fin de pór en valor o patrimonio común dos pobos de Europa. Os sitios candidatos a este selo deberán ter un valor simbólico europeo e desempeñar un papel fundamental na historia e na cultura de Europa ou na construción e vertebración da Unión.

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un dos escritores galegos con maior proxección internacional. Membro da Real Academia Galega, ten sido traducido a múltiples idiomas, recibiu numerosos premios pola súa traxectoria tanto xornalística coma literaria e algunhas das súas obras máis coñecidas foron levadas ao cinema.

Coloquios, recitais poéticos, conferencias, presentacións de obras, encontros cos lectores... son algúns dos formatos das preto de 150 actividades coas que Galicia promociona a literatura e a lingua galegas na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires 2016  e que se realizan do 21 de abril ao 9 de maio en diferentes espazos da cidade porteña.

A responsabilidade executiva do programa Europa Creativa correspóndelle á EACEA

En España, Oficina de Europa Creativa é a responsable tanto da difusión da información como de prestar asesoramento aos operadores culturais españois.

Puntos de información en Galicia:

Europa Creativa, subprograma cultura, seguindo o calendario establecido, publica as convocatorias das diferentes liña de financiamento. En cada unha destas convocatorias establécense os obxectivos, as prioridades, a forma de execución, a admisibilidade e os criterios de selección e concesión, as porcentaxes máximas de financiamento e o calendario de execución dos proxectos.

Os proxectos son en réxime de cofinanciamento entre os promotores e a UE.

Agás os proxectos de tradución literaria, todos son proxectos en parcería.