Como funciona?

Europa Creativa, subprograma cultura, seguindo o calendario establecido, publica as convocatorias das diferentes liña de financiamento. En cada unha destas convocatorias establécense os obxectivos, as prioridades, a forma de execución, a admisibilidade e os criterios de selección e concesión, as porcentaxes máximas de financiamento e o calendario de execución dos proxectos.

Os proxectos son en réxime de cofinanciamento entre os promotores e a UE.

Agás os proxectos de tradución literaria, todos son proxectos en parcería.

 

Quen xestiona o programa?

A Dirección Xeral de Educación e Cultura (DG EAC) da Comisión Europea e a súa axencia executiva, EACEA, son os responsables da xestión do programa.

Dispón, ademais, dunha rede de oficinas de información e asesoramento en cada estado participante.

Así, en España, a oficina Europa Creativa-Cultura de España é a encargada de difundir información e de prestarlles asesoramento aos operadores culturais nacionais.

 

Base legal do programa

Regulamento de Europa Creativa

 

Convocatorias

As convocatorias poden consultarse en:

Na web da Comisión Europea, institución que convoca as axudas.

Na web da oficina de Europa Creativa española, punto de información nacional.

Na web desta Secretaria Xeral de Cultura e a través do seu boletín semanal.