Espazo Europa

O Espazo Europa é un servizo público de información sobre a UE, creado para facilitar o acceso dos profesionais do sector cultural ás fontes de información, de xestión e de financiamento de ámbito comunitario. 

Nesta web achégase información que permite comprender e xestionar as axudas de financiamento europeo para proxectos culturais.

Este servizo público de información europea forma parte da rede española de enlaces da oficina de Europa Creativa España e da rede galega de oficinas de información europeas.

Podes recibir semanalmente as novidades deste servizo no teu correo subscribíndote ao Boletín de Cultura.

 

  • Vídeo promocional da oficina Europa Creativa- Subprograma Cultura

Datos de contacto

Teléfono: +34 881 99 50 21

e-mail: cultura.galicia.europa@xunta.es