Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de axudas europeas para Proxectos de Tradución Literaria 2019

Convocatoria de axudas europeas para Proxectos de Tradución Literaria 2019

Programa Europa Creativa da Unión Europea

Se é vostede editor ou formas parte dunha editorial con polo menos dous anos de traxectoria, a convocatoria de axudas a Proxectos de Tradución Literaria 2019 de Europa Creativa foi publicada e ten ata o vindeiro martes 4 de xuño de 2019 ás 12.00 CET/CEST (mediodía, hora de Bruxelas) para presentar a súa solicitude.

Aquí pode atopar a guía da convocatoria 2019 completa, onde se especifican todos os detalles en canto a proxectos, linguas, obras e actividades subvencionables.

Entre as novidades desta nova convocatoria, atópanse:

  • Os audiolibros son elixibles
  • Non é posible adiantar a data de inicio do proxecto para antes de xaneiro 2020. O comezo das actividades ten que ter lugar entre xaneiro e marzo de 2020
  • O período de elixibilidade do proxecto para presentar para esta convocatoria non pode solaparse co período de elixibilidade doutro proxecto do mesmo beneficiario financiado por esa mesma liña de axudas en convocatorias anteriores

Para máis información: oficina de Europa Creativa Cultura

Estado de tramite: En trámite

Comparte