Axudas, subvencións e bolsas : Residencia Xacobeo para tradutores/as de literatura galega

Residencia Xacobeo para tradutores/as de literatura galega

O beneficiario disporá dun espazo na Coruña para ou seu traballo e investigación durante todo ou mes de maio

Coa intención de impulsar ao sector da tradución e contribuír á proxección exterior da literatura galega, a Xunta de Galicia vén de lanzar en colaboración coa Residencia Literaria 1863 a primeira edición de Residencia Xacobeo. Trátase dunha iniciativa coa que se apoia aos tradutores literarios que traduzan unha obra orixinalmente escrita en galego a calquera lingua do mundo facilitándolles os medios para facelo desde Galicia. 

Este programa enmárcase no traballo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por divulgar e difundir a literatura galega e apoiar aos profesionais.

Poderá concorrer calquera tradutor literario maior de 18 anos que elixa unha obra de literatura en galego, en calquera xénero literario, para calquera lingua do mundo. Os proxectos presentados serán sometidos a un proceso de selección por un Comité de Valoración designado pola Residencia Literaria 1863 e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Estará composto por profesionais de recoñecido prestixio na tradución e a literatura galega, quen elixirán as mellores candidaturas a este programa en residencia.

 

As solicitudes deberán presentarse antes do venres 12 de marzo ás 22.00h no enderezo electrónico 1863coruna@gmail.com.

Estado de tramite: En prazoen prazo

Prazo de presentación:

15/02/2021 a 12/03/2021

Comparte