Apoia proxectos de cooperación transfronteiriza entre as organizacións culturais e creativas na UE e con terceiros países. Os proxectos poden ser interdisciplinarios.
O financiamento está dispoñible para dous tipos de proxectos en partenariado:
1. Proxectos de menor escala:
Un líder e, polo menos, outros dous socios europeos
Orzamento: ata 200.000 €
2. Proxectos de maior escala:
Un líder e, polo menos, outro cinco socios europeos
Orzamento : ata 2 millóns €
Duración máxima para todos os proxectos: 48 meses
Convocatoria: anual, en xullo
Apoio a iniciativas de tradución, de distribución e de promoción de obras literarias de ficción, en soporte papel ou dixital, a través de mercados da UE.
Dispón de dúas liñas de subvención:
-Categoría 1:
De 3 a 10 obras de ficción
Duración dos proxectos: dous anos
Orzamento: ata 100.000 €
Unha convocatoria anual
-Categoría 2:
De 5 a 10 obras de ficción
Duración dos proxectos: catro anos
Orzamento: ata 100.000 €/ano
Próxima convocatoria: novembro 2016
O programa Europa Creativa ofrece soporte para que as redes culturais europeas operen a nivel transnacional e fortalezan a súa competitividade.
Partenariado mínimo: 15 organizacións de 10 paises participantes
Duración máxima dos proxectos: 4 anos
Orzamento: ata 250.000 €/ano
Próxima convocatoria: xullo 2016
Para a promoción, mobilidade e visibilidade de artistas emerxentes europeos, a través de coproducións, xiras internacionais, eventos, exposicións, festivais etc.
Partenariado mínimo: 15 organizacións de 10 paises participantes
Duración dos proxectos: de 2 a 4 anos
Orzamento: ata 250.000 €/ano
Próxima convocatoria: xullo 2016