Resumo das principais liñas de actividade realizadas o pasado ano desde a Consellería de Cultura e Educación nos ámbitos da cultura.
A celebración da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires, coa cultura galega como protagonista; do Congreso Pen Internacional; a feira das músicas do mundo Womex en Galicia; ou mostra monográfica dedicada ao Mestre Mateo no Museo Nacional del Prado s on algúns dos fitos do 2016. Ademais, desde o pasado ano cóntase cun novo marco legal, a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, que integra de xeito coherente o conxunto da protección dos bens materiais e inmateriais, como se describe nesta memoria.
Nestas páxinas resúmense, ademais, programacións e actuacións nos diferentes sectores, desde a plástica ás artes escénicas, dos diversos centros da consellería, desde a Cidade da Cultura de Galicia ao Museo do Castro de Viladonga. Unha fotografía anual da actividade da Xunta de Galicia en materia cultural ao servizo da cidadanía de Galicia.