Disidentes!
Neste curso trátase de unir o xesto cinematográfico co xesto político, pero sen altofalantes nin consignas.

Neste curso trátase de unir o xesto cinematográfico co xesto político, pero sen altofalantes nin consignas.
Partindo da idea de que é imposible entender os comportamentos artísticos do presente sen coñecer a súa intrahistoria, este curso formula unha aproximación crítica aos grandes xéneros que serviron de soporte ás creacións artísticas dende a prehistoria ata a actualidade.
Homes araña, mulleres que voan, máscaras, superpoderes... Os libros están cheos de verdadeiros protagonistas de aventuras! No obradoiro os rapaces e rapazan repasarán os que coñecen e inventarán os seus propios superheroes e superheroínas cos poderes que queiran.
Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
O obxetivo do obradoiro é fomentar a lectura como vehículo para xerar historias e potenciar a creatividade. Os asistentes construirán a maqueta dun teatro clásico e a crearán escenarios e personaxes a partir de lecturas existentes ou inventando narrativas novas. O obradoiro promove destrezas motrices, o contacto coas artes plásticas, a convivencia e a colaboración entre os participantes.
Para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Para nenas e nenos de 4 a 7 anos, Autores con pegada achega aos cativos ao mundo da ilustración. Serán eles quen se encarguen de ilustrar un texto, empregando pintura de dedos. Un conto ou un poema será a obra sobre a que traballarán.
Autores da literatura de ciencia ficción e científicos introducirán aos participantes no mundo da exploración espacial. A actividade guía ao público polos descubrimentos de Isaac Newton e as obras de Jules Verne, coa construción dun foguete e o seu lanzamento. Un obradoiro co que traballar como auténticos equipos de investigación e a través do cal comezar un viaxe coa imaxinación.
Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 4 a 12 anos e ten unha duración de 90 minutos.
Os libros están cheos de personaxes que foron levados ao cine animado. Pero, sabes como eran eses primeiros debuxos animados que deron paso a outros como os que podes ver hoxe na televisión?
Neste obradoiro, os participantes construirán un aparello como aqueles que fai máis dun século eran empregados para darlles vida aos debuxos: unha máquina de debuxos animados.
Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Esta actividade ten unha duración de 90 minutos.
Ultralimento é un proxecto educativo, centrado en achegar a distintos públicos distintas informacións sobre o alimento, próximas ao coidado da saúde. Nesta actividade, o Ultralimento viaxa ás bibliotecas para achegar a nenas e nenos "o poder do alimento", acompañado de distintos elementos, como as súas caixaspalets ou peixecaixas.
A actividade destínase a nenas e nenos de 4 a 12 anos, e ten unha duración de 50 minutos.
Obradoiro de maxia a cargo do Mago Pedro Bugarín onde ademais de ser espectadores, os asistentes poderán facer maxia eles mesmos. Os xogos son sinxelos de realizar, pero abraiantes para os ollos inexpertos. Realizaranse con obxectos cotiás e sinxelos de atopar (móbiles, libros, gomas elásticas, moedas, cartas, rotuladores, escarvadentes etc).
A actividade dura uns 90 minutos e está destinado a todo tipo de públicos, a partires de 6 anos.
Este obradoiro ten como finalidade a realización dunha curta cinematográfica onde os participantes poidan contar a súa propia historia. No seu proceso de creación os /as participantes aprenderán a analizar, de forma crítica diferentes contidos audiovisuais, para así poder abandonar o papel pasivo ante a inmensidade de material audiovisual que nos rodea: anuncios, youtube, redes sociais, televisión, cine... Coñecer e ser conscientes da lectura destas linguaxes fainos críticos coas mensaxes que transmiten.
Os xoves 9, 16, 23 e 30 de agosto 11.00 h. a 12:30 h.