Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Campamento STEAM na biblioteca

Campamento de verán adicado ó fomento das habilidades STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, artes e matemáticas) a través de debuxo e impresión 3D, montaxe e programación de robots e actividades en grupo. Impartido por FABKIDS.

GRUPO 1

Do 1 ó 14 de agosto de 10:30 a 13:30h.

De 7 a 12 anos.

 

GRUPO 2

Do 20 ó 31 de agosto de 10:30 a 13:30h.

De 7 a 12 anos.

 

Inscrición previa na biblioteca ou no tfno.: 886 120 440 a partir do día 18 de xuño.

Galego

Xogar coa arte

O método Munari fundaméntase en proporcionar ás nenas e nenos experiencias de aprendizaxe baseadas no descubrimento, a experimentación e o xogo, co obxectivo de desenvolver o seu pensamento visual, crítico e creativo. A través de catro actividades distintas - Libro ilexible, Deseños con papel, Debuxar o sol e Debuxar unha árbore- os pequenos fan por si mesmos, aplicando os principios da pedagoxía activa, xerando un espazo para a liberdade de pensamento/acción e a creatividade.

Galego

Obradoiros de verán

Nos meses de xullo e agosto contaremos con dous obradoiros en distintas datas de edición ao que se poderán anotar os máis novos. O período de inscrición é:

- Xogar coa arte, impartido por Arte e y Garbato, dende o 7 de xuño. Catro datas de edición: do 2 ao 5 de xullo, do 9 ao 12 de xullo, do 16 ao 19 de xullo, do 23 ao 27 de xullo. Horario de 11:00 a 13:00 h. Para nenas e nenos de 4 anos en adiante.

Galego

Stop-motion: modelaxe en plastilina

Stop-motion é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.

Obradoiro dirixido a rapaces e rapazas de 8 a 12 anos.

Con inscripción previa, a partir do martes 29 de maio, na entrada da Biblioteca (información) ou por teléfono chamando ao número 886 159 250 en horario de 9.00 a 20.30 h.

Número de prazas: 15

Galego

Obradoiro de cerámica á man

Este obradoiro de cerámica á man é una actividade coa que se pretende dar a coñecer aos alumnos de primaria e secundaria o proceso de fabricación de obxectos de barro atopados na escavación do Castro de Viladonga. Dirixidos por persoal do museo, elaboran con rulos de barro pezas que posteriormente decoran.

Inscrición previa chamando ao teléfono 982870160 ou en reservas na web: https://viladonga.xunta.gal

Galego

Obradoiro arqueolóxico

Trátase dunha actividade na que se describen os rudimentos da actividade arqueolóxica, sen esquecer as explicacións e o traballo sobre as peculiaridades e os achados do Castro de Viladonga.

A finalidade desta actividade é acercar o traballo arqueolóxico aos alumnos e facer comprender a importancia da arqueoloxía como ciencia fundamental para o estudo e valoración do patrimonio cultural e por tanto da nosa historia.

Inscrición previa chamando ao teléfono 982870160 ou en reservas na web: https://viladonga.xunta.gal

Galego

Cans e letras

Cans e Letras: o programa de lectura con cans de maior éxito no mundo

Vernes 8 en dúas quendas

1º:  18:00 h con 6 nenas/os de 5 a 12 anos

2º    19:00 h con 6 nenas/os de 5 a 12 anos

Inscrición na sala infantil

Galego

Arte na aula

Este ciclo de cursos prácticos para docentes presenta a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe na aula.

O programa está estruturado arredor de tres eixes de gran presenza na educación formal (as matemáticas, a narración e o coñecemento do contorno natural) e deseñado para explorar os límites entre áreas de coñecemento e convidar os educadores a experimentar e aprender antes de levar as súas propostas á aula.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro