Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Improvisación musical: Eu canto, ti contas

Obradoiro no que partindo de fragmentos da obra de Mª Victoria Moreno, os participantes crearán por grupos cancións en diferentes estilos musicais, que, posteriormente, serán postas en común.

Para nen@s de 8 a 12 anos (20 prazas)

Na sala de obradoiros

De 18 a 19:30h.

Con inscrición previa, a partir do 9 de maio na entrada da Biblioteca (información) ou por teléfono no 886 159 250, en horario de 9 a 20:30h.

Galego

Obradoiro de escritura Letras Galegas

O taller, impartido por Rodrigo Costas, constará de cinco sesións, de 90 minutos cada unha, na que se estudarán obras narrativas (contos e novelas) de autores homenaxeados co gallo do Día das Letras Galegas.

• Otero Pedrayo

• Álvaro Cunqueiro

• Anxel Fole

• Blanco Amor

• María Victoria Moreno Márquez

Datas: luns 14, martes 15, mércores 16, luns 21 e martes 22 de maio   

Horario: de 19:00 horas a 20:30 horas

Lugar: Salón de actos

Galego

Obradoiro de iniciación á arte de contar contos

Obradoiro intensivo de iniciación á arte de contar contos impartido por Bea Campos (actriz, contacontos e directora teatral). Cunha duración de 9 horas divididas en dúas xornadas (sábado 12 e domingo 13 de maio), o taller está orientado dunha maneira moi clara á práctica da narración oral

O obradoiro estruturarase en tres partes: clasificación dos álbums ilustrados, a tradición oral e as diferentes técnicas para contar e aspectos prácticos na preparación dos contos e na organización das sesións.

Galego

It’s the other way around!

In this workshop we’ll see the traditional story Goldilocks and the three bears    and we’ll work on the basic antonyms in English through songs and games. // Neste taller traballaremos co conto animado de Ricitos de ouro e os tres ositos    e cos antónimos básicos en inglés mediante cancións e xogos. Duración: 60 minutos aprox. A partir de tres anos.

Galego

Feira da ciencia e literatura

Con motivo da Feira da cincia e literatura o Museo Masó organiza dous obradoiros infantís en colaboración co IES Johan Carballeira, CEIP A Pedra, CEIP Montemogos, CEIP da Torre-Cela:

- 17:00h A aventura do Nautilus. Navegando baixo os mares. Idade recomendada: de 5 a 10 anos

- 18:00h Orientarse no mar. Idade recomendada: a partir de 11 anos

Será preciso inscribirse, chamando ao teléfono 886 151 101, ou enviar a solicitude ao enderezo electrónico museo.masso@xunta.gal

 

Galego

Pescando contos

O mar, o misterioso mundo oceánico é o epicentro desta sesión. Contos salgados, mollados, contos vellos e novos, historias de peixes e de quen os pesca, historias das nosas rías e tamén de mares remotos.

Mergullarse nun mar de historias, nadar polas profundidades e saír á superficie para coller aire, rematando salgados e empapados de palabras.

Para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos, na ludoteca. Duración: 45 minutos

Galego

Biblioteca encantada

Gala de maxia e ilusionismo o venres 1 de xuño para toda a familia no salón de actos. Un espectáculo onde a maxia e a ledicia mezclanse para dar como resultado un fascinante momento máxico. Na gala poderánse ver os coñecementos adquiridos polos nenos/as ao longo do curso de iniciación a maxia.

 

Achégate ao mundo da maxia e o ilusionismo.

Que vou aprender?

Neste curso aprenderás sinxelos segredos que sorprenderán a todos. Non só aprenderás o truco senón tamén aprenderás as técnicas necesarias e o máis importante: como presentar os xogos. 

Galego

A voltas co baile

O Museo do Pobo Galego celebra o Día da Danza cun obradoiro que convida a reflexionar sobre os estereotipos de xénero na transmisión do baile tradicional. A parte teórica abordará a contextualización e características do baile en Galicia, a identificación de estereotipos de xénero, a análise de recollas e coplas de tradición oral, a idea de se a tradición é un concepto estático e a reflexión sobre a responsabilidade colectiva na transmisión do baile. O obradoiro contará cunha parte práctica. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro