Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Imos cantar aos reis

Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural galego relacionado coa nosa tradición navideña entre a xente máis nova. Farase dunha maneira participativa e amena, tratando a literatura oral (os cantos, os romances...); a música (ritmos e melodías empregadas, instrumentos…) e, como non, a petición do aguinaldo.

Público: Familiar (de 4 a 6 anos acompañados dun titor, a partir de 6 anos poden vir sen acompañante)

Duración: 2 horas

Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia

Prazas: 40

De balde, precisa inscrición na web

Galego

O apalpador conta con vós

O Apalpador é un personaxe mítico da tradición galega que estivo a piques de desaparecer, pero do que aínda quedan testemuños na zona do Courel e dos Ancares. Neste espectáculo recibimos a súa visita para que nos conte quen é, cal é a súa orixe, a que se dedica no seu día a día...e o que é máis importante, que consellos temos que seguir para que cando nos visite nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe. Un personaxe entrañable que nos fará pasar sesenta minutos cheos de maxia.

Público: Familiar (recomendado a partir de 4 anos)

Galego

Contos para o tempo de Nadal

Nestas datas sinaladas recollemos historias e mitos sobre como se vive o Nadal e o cambio de ano nas distintas culturas do mundo. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación dos/das nenos/as e o protagonismo absoluto do libro, son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa e construtiva.

Galego

Amasanacasa

Obradoiro de cociña no que os/as participantes elaborarán unhas galletas con moldes navideños, para posteriormente decorar con glasa de colores. Cada asistente levará un destes dulces para degustar na casa cos seus familiares.

Público: 7 a 12 anos

Duración: 90 minutos

Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia

Prazas: 25

De balde, precisa inscrición na web

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro