We are going on a bear hunt!
Co conto de We are going on a bear hunt!, de Michael Rosen, aprenderemos vocabulario sobre a natureza e algúns adxectivos.
Idade: de tres anos en adiante.
Duración: 60 minutos.
É necesario recoller invitación.

Co conto de We are going on a bear hunt!, de Michael Rosen, aprenderemos vocabulario sobre a natureza e algúns adxectivos.
Idade: de tres anos en adiante.
Duración: 60 minutos.
É necesario recoller invitación.
Hoxe Fatiropina amosaranos como facer unha pila con limóns. Mércores 28 de marzo ás 12 h para rapaces de 6 a 12 anos.
Prazas limitadas. Inscrición previa dende o luns 19 de marzo ás 12 h, directamente na sala infantil da biblioteca ou chamando ao 988 78 83 95
Obradoiro científico: hoxe faremos leite máxico con Fatiropina. Martes 27 de marzo ás 12 h para rapaces de 6 a 12 anos.
Prazas limitadas. Inscrición previa dende o luns 19 de marzo ás 12 h, directamente na sala infantil da biblioteca ou chamando ao 988 78 83 95
O luns 26 de marzo ás 12 h os rapaces de 6 a 12 anos teñen unha cita na biblioteca con Fatiropina e os seus experimentos.
Prazas limitadas. Inscrición previa dende o luns 19 de marzo ás 12 h, directamente na sala infantil da biblioteca ou chamando ao 988 78 83 95
A lectura é unha actividade imprescindible para o desenvolvemento dun lector en formación e para a súa relación cos demais e co seu medio natural dun xeito atractivo e lúdico. OQO Editora traballa cun libro/álbum ilustrado, como un obxecto cultural que atrae a atención do lector en formación mergullándoo nunha historia con palabras e imaxes.
Obradoiro impartido por OQO Editora
Obradoiro: Aventuras Literarias
Imparte: Xandobela
Para conmemorar o centenario do nacemento da escritora galega Pura Vázquez, a Biblioteca de Galicia organiza unha sesión de Aventuras Literarias baseadas na obra desta insigne escritora. Neste obradoiro interactivo traballarase con varios dos seus textos, centrándose principalmente na súa obra infantil e nas obras de teatro que fixo conxuntamente coa súa irmá Dora.
Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia
Público: a partir dos 6 anos
Duración: 80 minutos
Prazas: 25
Da man do voluntario Xosé Carlos Caramés, os rapaces e rapazas coñecerán de xeito lúdico esta disciplina que potencia a atención e a memoria, mellora a concentración, fortalece o carácter e mellora o rendemento.
Para rapaces e rapazas de máis de 7 anos. Prazas limitadas. Só é preciso levar roupa cómoda e unha botelliña con auga para participar. Inscrición previa
Neste obradoiro faremos a casa dos nosos soños, unha actividade sinxela para realizar conxuntamente entre familias.
O obxectivo deste obradoiro é desenvolver a imaxinación, a creatividade, traballar a plasticidade fina e a destreza ademais de fomentar a comunicación entre pais e nais e fillos e fillas.
Na sala multiusos, para 15 nenos e nenas de 4 a 12 anos acompañados por un adulto. Duración : 90 min
Neste obradoiro o artista Amine Asselman propón un xogo de interactividade e conectividade a través do son.
Entrada gratuíta, previa inscrición.