Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A arte como ferramenta científica

Este obradoiro con clara vocación experimental busca espertar o interés dos adolescentes pola arte e a ciencia, cunha actividade manual que fomenta a súa creatividade e curiosidade. O resultado será un producto personalizado con representacións pictóricas dalguns dos organismos máis relevantes nos campos da investigación que se están levando a cabo na MBG e no IIM como por exemplo as brásicas, a vide, os cefalópodos e os peixes.

Organizado polo CSIC Galicia coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía, Industria y Competitividad.

Galego

Xeografía, memoria e capital cívico

Rogelio López Cuenca imparte na Fundación Luís Seoane un obradoioro, Xeografía, memoria e capital cívico, no marco do proxecto homónimo que está a impulsar a Concellaría de Cultura, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña. O proxecto, dirixido polos expertos en arte contemporánea e esfera pública Juan de Nieves e Pablo Fanego, trata de establecer un marco de pensamento analítico e transversal da cidade fronte a unhas políticas do espazo urbanístico baseadas en meros intereses especulativos e ornamentais. 

Galego

Obradoiro de autoedición (do incunable ao fanzine)

O papel da edición foi determinante na transmisión das culturas ao longo do mundo e do tempo. Neste obradoiro formulanse cuestións como para que crear un libro, e como podemos chegar a comunicarnos cos demais a través de texto e imaxes. Desde a idea ata a montaxe, as nenas e os nenos crearán a súa propia revista autoeditada, da que sairán copias para repartir pola biblioteca.

Para nenos e nenas a partir de 7 anos.

Galego

Fotos con historia

A partir dunha imaxe, as nenas e os nenos escribirán unha pequena historia, un conto ou un poema.

A partir de 7 anos.

Esta actividade forma parte da programación de dinamización lectora Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Océano para terrícolas

Galicia é unha pedra no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizais un mariñeiro do Berbés non saiba de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Capetón, na fin de África; e de Antuerpe, Amberes, no galego do mar. Cómpre mollarse nas palabras e cómpre principiar polo Gran Sol. Caladoiros tan próximos –A Ferradura, Mar do Candil– que tamén teñen nome na nosa lingua.

Actividade do programa de dinamización lectora Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

A lanterna máxica

A lanterna máxica é un obradoiro onde se mestura o mellor da literatura, do teatro e do cine.

A partir do xogo e a diversión os participantes dos obradoiros convertiranse nos verdadeiros protagonistas dunha actividade breve pero intensa na que, como resultado final, poderán ter a posibilidade de "vivir" un texto.

Nenos e nenas: 8-16

Esta actividade forma parte da programación de Ler conta moito.

Galego

Pensa e xoga, ciencia para nenos e nenas

Explora, descobre e crea.

Obradoiro onde os nenos e nenas poderán achegarse á ciencia dunha maneira práctica e lúdica onde realizarán experimentos e actividades do quefacer científico, nos cales deberán enfrontarse a desafíos e problemas que deben resolver aplicando métodos e pensamento teórico -práctico.

Un espazo onde aprender, divertirse e espertar vocacións no campo das ciencias naturais. Para 20 nenos e nenas de 4 a 12 anos. Duración aproximada 60 minutos.

Galego

Sea Dance: Aprende a bailar

Actividade na que se explica de forma divertida e xogando como funcionan os ecosistemas mariños.

Mediante a observación, interacción, investigación e o baile os participantes poderán coñecer a biodiversidade mariña.

Está dirixida ao público en xeral e familias. A entrada é gratuíta coa entrada ao Aquarium Finisterrae.

Galego

Obradoiro Bibliotecas animadas

"Bibliotecas animadas", ao cargo de Gargallando

Obradoiro onde afondaremos nas nosas propias capacidades creativas dende diferentes actividades relacionadas coa creación da imaxe en movemento a partir da imaxe fixa (coa técnica Stop Motion). Conectaremos aos nenos co mundo do cinema, da fotografía, a literatura e as artes plásticas.

Para nenos/as de 6 a 12 anos. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro