Narrar a esencia
Neste obradoiro buscaremos, desde a análise e a práctica narrativa, as claves para crear un microrrelato.
As elipses cargadas de significado, os puntos de tensión como eixo, e o esquematismos dos trazos caracterizadores dos personaxes, serán os elementos básicos nos que nos deteremos para gardar grandes fragrancias en frascos pequenos.

