A fábrica de aromas
Os participantes divertiranse experimentando cos seus sentidos e realizando as súas propias obras: xabóns de formas divertidas e curiosas: cunchas, corazóns, estrelas, círculos, focas, golfiños,... para os que elixirán a cor e o cheiro que máis lles guste.
Fabricarán os seus envoltorios personalizados para gardar os seus xabóns.
Elaborarán pasta de dentes caseira para persoas e elefantes así como escumas de cores para baños relaxantes.
Para nenos e nenas de 4 a 11 anos, na sala multiusos.
Actividade dentro do Mes da ciencia.