Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Desafío ex libris

OBRADOIRO "Desafío ex libris: Deseña o teu propio selo en plena era dixital".

Lidera: Unidade de Cultura Científica (UCC) do CSIC en Galicia. Asesoramento científico: Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento (IEGPS)

Dirixido a público infantil-xuvenil: 12 -18 anos. Duración da actividade: 1 hora.

Galego

Obradoiro de sumarinos

Autores de ciencia ficción e científicos conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para promover a literatura de ciencia ficción e intentar comprender o concepto de flotabilidade. Jules Verne, Arquímedes, Antonio Sanjurjo Badía e Issac Peral introdúcennos na construción dun submarino. Unha actividade ideal para promover o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo. 

Galego

Cóntamo con música

A música forma parte de nós, dos nosos primeiros xogos e dos contos da infancia. Expande os sentidos. É un bálsamo que penetra polo ouvido e pola pel producíndonos todo tipo de emocións: alegría, tristeza, inquietude, excitación, calma... Trala experiencia vivida cos nenos e nenas neste taller o ano pasado, decidimos vivir a experiencia agora dirixida a adultos.

Galego

A maxia das matemáticas

Que esconden as mates? Nin te imaxinas

Aburridas? difíciles de comprender? iso é que non coñeces a cara divertida. Deixa o lado escuro e achégate a descubrir os misterios que se esconden detrás do máis simple. A vida móvese en base matemática. Das tapas dos sumidoiros, as antenas, as pompas de xabón, as estruturas metálicas e de infinidade de cousas máis, as matemáticas teñen moito que contarche.

Galego

Corpo e vibración. Taller de movemento

O Centro Dramático Galego (CDG) e o coreógrafo Javier Martín organizan o taller de movemento Corpo e vibración, que terá lugar o 4 de outubro no Salón Teatro de Santiago. Esta actividade, ofrecida en colaboración cos encontros Arredor do son do festival Curtocircuíto e co programa de formación audiovisual Galicia ProFilme da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), insírese na serie de accións que o creador coruñés levará a cabo esa mesma semana na sede compostelá da compañía pública e que culminarán os días 6 e 7 coa posta en escena da súa montaxe O estado cru.

Galego

A lingua galega en escena

Neste obradoiro as rapazas e rapaces reproducirán mediante teatro de sombras, obxectos e monicreques a historia da lingua galega, despois de fabricar os personaxes e elaborar o guión utilizando diferentes materiais dispoñibles en calquera biblioteca (dende enciclopedias ata bandas deseñadas).

Galego

Trick or treat?

“Trick or treat?”

Obradoiro en inglés. Sesión baseada en Halloween. Cubrirase o vocabulario da celebración (bruxa, morcego, cabaza), así como o dos disfraces. Para iso lerase un conto, que os nenos e nenas tentarán teatralizar, debuxarase un monstro e farase un xogo de adiviñas para reforzar o vocabulario.

Duración: 60 minutos aprox. Aforo: 35 nenos/as.

A partir de tres anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro