Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de ilustración

Neste obradoiro os/as participantes achegaranse á obra do ilustrador galego Camilo Díaz Baliño, homenaxeado nesta edición do Día da Ilustración. Centrarémonos nos carteis que realizou para diversas campañas, entre elas as que realizou por encargo do Concello de Santiago de Compostela. Estas imaxes serán o punto de partida e servirán de motivación e inspiración para idearen novos carteis. Deste xeito entenderemos que papel desempeñan os carteis na cultura popular, como e por que funcionan e como podemos chegar a crear un cartel coas nosas propias mans.

Público: de 8 a 13 anos

Galego

Actores de papel

Con motivo do día la ilustración, nesta actividade darase a coñecer en qué consiste este mundo. Será unha actividade práctica na que a ilustradora amosará unha serie de técnicas que os rapaces poderán seguir para saber trasladar o imaxinario dunha historia a papel (creación de personaxes e escenarios de ficción).

 

Duración: 60 minutos. Para 20 nenos e nenas de 4 a 12 anos, na sala multiusos.

Galego

Os nenos xogamos co ioga

Da man do voluntario, Xosé Carlos Caramés, os rapaces e rapazas coñecerán de xeito lúdico esta disciplina que potencia a atención e a memoria, mellora a concentración, fortalece o carácter, mellora o rendemento.

Para rapaces e rapazas de máis de 7 anos. Prazas limitadas. Só é preciso traer roupa cómoda e unha botelliña con auga. Inscrición previa

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro