Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xogos populares

Xogos populares de rúa para lembrar e practicar da man de Xosé Carlos Caramés, voluntario do programa Bibliovol. Inscrición dende o 2 de xullo na sala infantil ou chamando ao teléfono 988 78 83 95, dende as 10h da mañá.

No transcurso desta actividade pecharase a sala infantil para o correcto desenvolvemento da mesma (aproximadamente de 12:00 a 13:15)

Galego

Talleres de lecer

Na edición 2018 dos Talleres de lecer, o CGAC programa obradoiros destinados tanto ao público máis novo como ao adulto. Para desenvolver as actividades aproveitaranse espazos da arquitectura de Álvaro Siza e da contorna, como a cuberta do edificio, os xardíns do parque de Bonaval e as rúas de Compostela.

 

Programa

Verde é vídeo. Taller audiovisual - 2 ao 4 de xullo 

Dirixe: Alberto Vázquez e Carina Moreira (Asociación Espacio Rojo), educadores e artistas

Idade: de 10 a 12 anos

Prazas: 15

Galego

Obradoiros de verán 2018

Como todos os anos coa chegada do verán, a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola celebra cos máis pequenos os Obradoiros de Verán 2018 a cargo de Anias:

De 4 a 7 anos

- Obradoiro de Contos e creación plástica.

- Obradoiro de Interpretación musical de contos en galego.

De 8 a 12 anos

- Obradoiro de Ciencias: xogos e experiencias ópticas

- Obradoiro de Iniciación ao cine.

Galego

Positivado en laboratorio b/n

Un obradoiro para achegar as persoas afeccionadas á fotografía analóxica, e a fotógrafos e fotógrafas en xeral, ás técnicas básicas do positivado de negativos en branco e negro en papel fotográfico RC.

Comenzarase con unha breve explicación das técnicas de positivado, para logo empezar a practicar directamente no cuarto escuro experimentando cos múltiples parámetros que condicionan a consecución final da copia en positivo.

Galego

Escola de Maxia

Visita esta especial escola! Os aprendices de mago aprenderán a facer trucos de maxia moi sinxelos e didácticos; rescatando ao mago que todos levamos dentro.

Nenos e nenas de 6 a 12 anos

Horario: xoves 19 de xullo, ás 11:30 horas

20 prazas. Inscripción previa no formulario de solicitude, vía web, ou ben presencialmente na propia Biblioteca ou chamando aos teléfonos 881 960 378 e 881 960 379 . 

Galego

Facemos a nosa casa

Neste obradoiro os participantes farán a casa dos seus soños, unha actividade sinxela para realizar conxuntamente entre pais e nais, fillas e fillos.

O obxectivo deste obradoiro é desenvolver a imaxinación, a creatividade, traballar a plasticidade fina e a destreza ademais de fomentar a comunicación entre os membros da familia.

20 prazas. Pais/nais e fillos/as de 4 a 12 anos

Horario: xoves 12 de xullo ás 11:30 

Galego

Xogando coa historia

Obradoiro que propón descubrir como xogaban os nenos e nenas na idade clásica.

Xa na antigüidade, os pais e nais consideraban o xogo como un aspecto vital na formación dos seus fillos e fillas e na súa preparación para a vida. 

20 nenos/as de 4 a 12 anos.

Inscrición previa no formulario de solicitude, vía web, ou ben presencialmente na propia biblioteca ou chamando aos teléfonos 881 960 378 e 881 960 379

Galego

A pintura que soa

A pintura que soa é un obradoiro dirixido a público de calquera idade no que se propón traballar o son en relación ás sensacións e percepcións que transmiten algunhas das pinturas da colección do museo.

Partindo de varios conceptos que habitan nas obras de arte como o fondo, a figura, a materialidade, a cor ou a liña, farase unha colaxe sonora de ruídos e melodías que acheguen ao público ás escenas representadas nas obras de arte seleccionadas.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro