Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de Interpretación musical de contos en galego

Obradoiro de nenos de 4 a 7 anos que consiste en estimular a creatividade dos nenos e das nenas máis cativos/as a través da música e a maxia dos contos. O obradoiro iníciase cun contacontos que dará paso a unha creación e interpretación musical baseada na historia e nas personaxes.

 

Os martes 7, 14, 21 e 28 de agosto 11.00 h. a 12.30 h.

Prazo de inscrición aberto dende o 20 de xuño.

 

Obxectivos:

Utilizar a música como medio de expresión

Galego

Obradoiro de achegamento á música antiga

A construción de instrumentos musicais constitúe un traballo artesanal de elevada complexidade e especialización, nomeadamente cando se trata de recuperar instrumentos que foron empregados outrora para a interpretación de música. En Galicia existe unha crecente industria artesanal dedicada á luthería e á construción de instrumentos antigos e tradicionais, e obradoiros que subministran a músicos de todo o mundo. 

Galego

Obradoiro de globoflexia

Neste obradoiro os nenos gozarán aprendendo a facer globos ao mesmo tempo que se estimula a súa creatividade e destreza. Este obradoiro fai fincapé en mellorar nos nenos a confianza en si mesmos ademais de promover a lectura a través de contos dun xeito moi ameno. A parte final do obradoiro será con música na que os nenos bailarán ao mesmo tempo que constrúen as súas creacións maxistrais.

Para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.

Galego

Fotoconto

Todos soñamos algunha vez con ser os protagonistas dun conto, e esta vez será posible coa axuda desta actividade na que as fotos dos participantes se converterán nas ilustracións máis orixinais.

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Dirixido a persoas con Síndrome de Down e outros colectivos con trastornos leves de neurodesenvolvemento.

Galego

Tapones que salvan vidas

Tapones que salvan vidas é un obradoiro artístico e solidario. Os nenos traballan en facer deseños divertidos cos tapones que previamente recolleron na casa. Con estes deseños pódese crear unha historia e contribuir nunha campaña solidaria.

Para nenos e nenas a partir de 5 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro