A máquina de facer debuxos animados
Os libros están cheos de personaxes que foron levados ao cine animado. Pero, sabes como eran eses primeiros debuxos animados que deron paso a outros como os que podes ver hoxe na televisión?
Neste obradoiro, os participantes construirán un aparello como aqueles que fai máis dun século eran empregados para darlles vida aos debuxos: unha máquina de debuxos animados.
Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Esta actividade ten unha duración de 90 minutos.

