Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Música electrónica con materiais cotiáns

Este taller propón unha achega á creación artesanal de sons electrónicos, empregando principalmente materiais cotiáns provintes da reciclaxe tecnolóxica.

Está impartido por Mateo Mena, quen ensinará a construir osciladores primitivos cos que crear ritmos, texturas e frecuencias sonoras, ademáis de ver como construir os principais compoñentes electrónicos desde a súa raíz (resistencias, condensadores, potenciómetros...), empregando para isto as propiedades físicas e químicas de diferentes materiais comúns.

Galego

Deseño de bolsas e mochilas para lectores/as

Actividade pensada para que o público asistente participe na creación de elementos personalizados cara as letras e a lectura. O obradoiro está enfocado á adaptación de bolsas ou mochilas para lectores e lectoras, a través de deseños relacionados co mundo dos libros e da lectura. Empregaranse distintos materiais, como feltros, retallos, cintas, abelorios etc, ademais de aportar distintas ideas e modelos, coa vocación de que os participantes lle dean renda solta á súa imaxinación.

Para público a partir de 6 anos.

Galego

Radiocontada

Esta actividade está pensada para que o público máis novo se achegue á radio, aos podcasts e á sonorización de contos. Neste obradoiro crearán os seus propios aparellos sonoros para ilustrar un conto, e será ademais a voz dos asistentes a que dará vida á historia. Unha forma coa que aproximar aos máis pequenos e pequenas á literatura dende a maxia do son.

Galego

Xogos populares

Xogos populares de rúa para lembrar e practicar da man de Xosé Carlos Caramés, voluntario do programa Bibliovol. Inscrición dende o 2 de xullo na sala infantil ou chamando ao teléfono 988 78 83 95, dende as 10h da mañá.

No transcurso desta actividade pecharase a sala infantil para o correcto desenvolvemento da mesma (aproximadamente de 12:00 a 13:15)

Galego

Talleres de lecer

Na edición 2018 dos Talleres de lecer, o CGAC programa obradoiros destinados tanto ao público máis novo como ao adulto. Para desenvolver as actividades aproveitaranse espazos da arquitectura de Álvaro Siza e da contorna, como a cuberta do edificio, os xardíns do parque de Bonaval e as rúas de Compostela.

 

Programa

Verde é vídeo. Taller audiovisual - 2 ao 4 de xullo 

Dirixe: Alberto Vázquez e Carina Moreira (Asociación Espacio Rojo), educadores e artistas

Idade: de 10 a 12 anos

Prazas: 15

Galego

Obradoiros de verán 2018

Como todos os anos coa chegada do verán, a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola celebra cos máis pequenos os Obradoiros de Verán 2018 a cargo de Anias:

De 4 a 7 anos

- Obradoiro de Contos e creación plástica.

- Obradoiro de Interpretación musical de contos en galego.

De 8 a 12 anos

- Obradoiro de Ciencias: xogos e experiencias ópticas

- Obradoiro de Iniciación ao cine.

Galego

Positivado en laboratorio b/n

Un obradoiro para achegar as persoas afeccionadas á fotografía analóxica, e a fotógrafos e fotógrafas en xeral, ás técnicas básicas do positivado de negativos en branco e negro en papel fotográfico RC.

Comenzarase con unha breve explicación das técnicas de positivado, para logo empezar a practicar directamente no cuarto escuro experimentando cos múltiples parámetros que condicionan a consecución final da copia en positivo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro