Arte e ... acción!
ARTE E … ACCIÓN! é unha programación de actividades artísticas que reinterpreta as obras da colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña desde unha mirada contemporánea e lúdica.
Unha viaxe que parte desde as obras mitolóxicas dos autores barrocos ata as máis vangardistas e contemporáneas, buscando desenvolver o potencial creativo e a expresión corporal, fomentando a imaxinación e educando a percepción espacial; a través das artes escénicas, a pintura, a fotografía e a colaxe.
De martes a venres en quendas en xullo de 2018
De 10:30 a 13:30 horas

