Os nenos xogamos co ioga
O voluntario da biblioteca, Xosé Carlos Caramés, ofrece unha sesión de ioga adaptada aos pequenos de 7 a 12 anos. Prazas limitadas. Inscrición previa na sala infantil dende o luns ás 12 h., ou chamando ao 988 78 83 95.

O voluntario da biblioteca, Xosé Carlos Caramés, ofrece unha sesión de ioga adaptada aos pequenos de 7 a 12 anos. Prazas limitadas. Inscrición previa na sala infantil dende o luns ás 12 h., ou chamando ao 988 78 83 95.
Divertido obradoiro teatral para nenos e nenas e as súas familias impartido polos Quinquilláns a partir de Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas.
Obradoiro de ilustración que busca coñecer, compartir e valorar palabras galegas combinando a linguaxe gráfica coa escrita, atopando as definicións perdidas dunha serie de palabras da nosa lingua co fin de crear un novo dicionario visual de palabras galegas.
Para nenos e nenas de 4 a 11 anos.
No obradoiro utilizarase o método zentangle para embelecer a letra inicial do nome do alumno creando unha pequena obra de arte en miniatura única. Zentangle é unha técnica sinxela que consiste en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomenta a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.
TRANSformando o mundo é un obradoiro sobre a escrita e a diversidade sexual, a partir da obra 22 segundos, da colección Fóra de Xogo de Xerais. Trataranse cuestións como a identidade de xénero e a orientación sexual a partir do protagonista da historia, Álex. Impartido por Eva Mejuto, que como autora da obra, falará do proceso creativo da mesma para acabar cun exercicio de escrita.
Este obradoiro, impartido por dúas profesoras da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivo descubrir e iniciar ao alumnado no mundo dunha xeometría moi presente na natureza e na ciencia, a xeometría fractal.
Gracias a esta xeometría, construiremos e analizaremos matematicamente fractais de Sierpinski en dúas dimensións, como a alfombra ou o triángulo, e tamén en tres dimensións todo adaptado para alumn@s desta idade; Para desenvolver esta actividade utilizaranse materiais moi sinxelos como palliñas de sorber e adhesivos.
Perder a creatividade é algo que acontece dun xeito habitual a medida que se medra. Este obradoiro quere parar ese efecto do crecemento, mirando todo ao revés para fomentar e desenvolver o pensamento creativo.
A partir de 7 anos.
Unha actividade de Ler conta moito
Este obradoiro creativo para nenos e nenas de 6 a 12 anos permite descubrir a obra de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. Os participantes terán que elaborar un cabezudo inspirado nalgún dos protagonistas das historias de Moreno empregando cartón e papel.
Unha actividade de Ler conta moito
As nosas historias é un obradoiro para nenos e adultos que xunta a maxia do teatro de sombras chinesas coa forza das historias da tradición oral galega.
Unha actividade do programa Ler conta moito
Este obradoiro creativo - destinado a nenos e nenas de 5 a 8 anos - permitirá adentrarse nun restaurante especial, un no que os principais ingredientes para os pratos son os libros e a imaxinación.