Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

As liñas lilas

Neste obradoiro coa escritora Andrea Barreira, revisaranse lecturas para reflexionar sobre se teñen ou non perspectiva de xénero e por que. Veranse comportamentos e pensamentos de personaxes e de quen narra e como inflúen en tempos e espazos, buscando detectar quen está e quen falta en cada historia.

Todo o debatido aplícase a través de actividades individuais e en grupo, nos distintos textos que creemos ao longo das dúas xornadas (os martes 11 e 18, das 18:30 ás 20:30h). 

A actividade está dirixida a persoas maiores de 16 anos.

Galego

You're amazing, Rudolph!

This Christmas session the children will concentrate on Rudolph’s story and how his job as the guide of Santa Claus’ sleigh. Then, they’ll practice vocabulary related to this season through carols and several enjoyable activities.  //  Esta sesión do Nadal dedicarase á historia de  Rudolph e de como é o seu traballo como guía da zorra de Papá Noel. Ademais, practicarase vocabulario relacionado co Nadal a través de panxoliñas e varias actividades moi divertidas.  Duración: 60 minutos aprox.  Capacidade: 20 nenos/as. A partir de catro anos. Inscrición previa.

 

Galego

Prende no colo

Prende no colo é un obradoiro para nais e pais coas súas crianzas, no que aprenderan cancións de berce para arrolar, ademais de xogos e cancións infantís para aprender as partes do corpo, xogos de descuberta e recitados sinxelos. Un recurso esencial para axudar ás familias a transmitir as nosas tradicións e a nosa lingua.

Para nais e pais de crianzas de 0 a 3 anos.
Duración: 45 minutos
 

Galego

Xoguetoloxía

Obradoiro no que nenos e nenas se achegarán ao mundo do xogo imitando fórmulas doutros tempos mediante a confección dos seus propios xogos con material de refugallo, fomentando así a creatividade e a autonomía. 

Salón de actos. Entrada por rigorosa orde de chegada, máximo 30 nenas e nenos de 4 a 10 anos. Cada un deles só poderá estar acompañado dunha persoa adulta.

Galego

As nosas historias

Conmemoramos o Día do usuario/a das biblioteca con este obradoiro no que se mesturan a maxia do teatro de sombras chinesas coa forza das historias da nosa tradición oral. Remata coa representación do conto.

No salón de actos. 

Entrada por rigorosa orde de chegada, máximo 30 nenas e nenos de 5 a 8 anos. Cada un deles só poderá estar acompañado dunha persoa adulta.

Galego

Obradoiro científico

Obradoiro a cargo de Manuel Vicente, responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega Efervesciencia.

Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca. Para descubrir ao ladrón haberá que extraer ADN das mostras dos restos biolóxicos que temos e comparalo coas persoas sospeitosas.

Resolvemos o caso con material de cociña e aprendemos o que é a biotecnoloxía.

Galego

Pezqueteca

Contacontos e actividade relacionada coa oceanografía con Uxía Tenreiro e Marcia Ares (Centro Oceanográfico de Vigo). Para nenos e nenas a partir de 4 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Vivo no mar

Unha actividade para identificar os habitantes do mar. Xogando e aprendendo con eles podemos coñecer e respetar o mundo mariño. Con Esther Román, investigadora do Centro Oceanográfico de Vigo.

Para nenos e nenas maiores de 7 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Biodiversidade ao teu alcance

A actividade ten por obxectivo dar a coñecer os ecosistemas mariños presentes nas rías galegas dun xeito adaptado e atractivo, facendo un especial esforzo en difundir e sensibilizar ao público sobre a importancia da conservación da biodiversidade.   Levaranse a cabo obradoiros nos que os asistentes poderán vivir de primeira man o traballo de investigación que se leva a cabo nos laboratorios do IIM, mediante a observación de microorganismos coas lupas. Público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro