Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro: De ilustración

Obradoiro no que os nenos e nenas aprenderán a ser debuxantes do Nadal.

Actividade a cargo de Anias.

Das 19:00h ás 20:00h, para nenos de 8 a 11 anos

Con inscrición previa, a partir do 10 de decembro, na entrada da Biblioteca (información) ou por teléfono (886 159 250), en horario de 9 a 20:30h.

Entrada de balde.

Galego

Obradoiro: Modelado de figuriñas de Nadal e narración de historias

Obradoiro no que os cativos aprenderán a modelar figuriñas e a contar historias do Nadal.

Actividade a cargo de Anias.

Das 17:30h ás 18:30h, para nen@s de 4 a 7 anos

Con inscrición previa, a partir do 10 de decembro, na entrada da Biblioteca (información) ou por teléfono (886 159 250), en horario de 9 a 20:30h.

Entrada de balde.

Galego

A ciencia máxica

Detrás dun espectáculo de maxia é posible descubrir moitas veces outra realidade máis sorprendente quizais, pois o que semella maxia oculta outra realidade máis sinxela: a ciencia. Isto é o que quere amosar este obradoiro no que os magos serán capaces de realizar sorprendentes trucos. Así, á vista de todos, será posible ver como a auga desaparece, como os líquidos poden cambiar de cor, como converter a auga en neve en segundos, ou como converter a auga en xeo en milisegundos.

Lugar: Sala I da Biblioteca de Galicia

Público: Familiar (rapaces e rapazas de 4 a 10 anos)

Galego

A maxia do Nadal

Neste obradoiro, o mago David Méndez ensinará sinxelos xogos de maxia e as técnicas máis importantes para aumentar a capacidade imaxinativa e de coordinación, para perder o medo escénico e falar en público.

Co traballo en equipo foméntase a solidariedade e coñécense as diferentes especialidades da maxia.

Dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos. Máximo 20 participantes.

Requírese inscrición previa aquí.

No salón de actos da biblioteca.

Galego

Obradoiro de minicontos

Obradoiro a cargo de O faiado de Nin para conmemorar o Día da Edición (123º aniversario do nacemento de Ánxel Casal). Grandes historias en formato pequeno.

Obradoiro de elaboración de minilibros onde se traballa a escrita, a ilustración e unha maneira moi sinxela de encadernar os nosos contos.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Máximo 12 participantes.

Requírese inscrición previa aquí. 

Na sala infantil da biblioteca.

Galego

As liñas lilas

Neste obradoiro coa escritora Andrea Barreira, revisaranse lecturas para reflexionar sobre se teñen ou non perspectiva de xénero e por que. Veranse comportamentos e pensamentos de personaxes e de quen narra e como inflúen en tempos e espazos, buscando detectar quen está e quen falta en cada historia.

Todo o debatido aplícase a través de actividades individuais e en grupo, nos distintos textos que creemos ao longo das dúas xornadas (os martes 11 e 18, das 18:30 ás 20:30h). 

A actividade está dirixida a persoas maiores de 16 anos.

Galego

You're amazing, Rudolph!

This Christmas session the children will concentrate on Rudolph’s story and how his job as the guide of Santa Claus’ sleigh. Then, they’ll practice vocabulary related to this season through carols and several enjoyable activities.  //  Esta sesión do Nadal dedicarase á historia de  Rudolph e de como é o seu traballo como guía da zorra de Papá Noel. Ademais, practicarase vocabulario relacionado co Nadal a través de panxoliñas e varias actividades moi divertidas.  Duración: 60 minutos aprox.  Capacidade: 20 nenos/as. A partir de catro anos. Inscrición previa.

 

Galego

Prende no colo

Prende no colo é un obradoiro para nais e pais coas súas crianzas, no que aprenderan cancións de berce para arrolar, ademais de xogos e cancións infantís para aprender as partes do corpo, xogos de descuberta e recitados sinxelos. Un recurso esencial para axudar ás familias a transmitir as nosas tradicións e a nosa lingua.

Para nais e pais de crianzas de 0 a 3 anos.
Duración: 45 minutos
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro