Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Laboratorio de Arte Urbana

O Laboratorio de Arte Urbana é un obradoiro de iniciación e aprendizaxe colectiva no que as persoas participantes achéganse ás diversas disciplinas e técnicas a través da experimentación, polo que non é preciso contar con experiencia previa.

A arte urbana é unha disciplina creativa con infinidade de formas, técnicas e formulación, onde a liberdade é o factor común e onde se poden desenvolver proxectos colectivos e individuais no espazo público. 

O obradoiro está impartido por un equipo multidisciplinar de docentes pertencentes a 7H Cooperativa Cultural.

Galego

Obradoiros de verán en Afundación e en Obra Social ABANCA

Dende a Área Educativa da entidade presentan os obradoiros de verán 'Capitaneando con intrepidez un mar de pinturas', dirixidos a nenos e nenas de 5 a 10 años. 
Mostra 'Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniersarios': Sede Afundación | Rúa do Vilar, 19.
- 24 de xuño: 'Soprade as velas que imos en carabela!'
- 25 de xuño: 'A unha illa do caribe...'
- 26 de xuño: 'Yachakay, quechua e outras linguas indíxenas'

Galego

Obradoiros de verán 2019

Para nenos e nenas de 4 a 7 anos
De 11:00 a 12:30
 
Contos con sabores “Receitas de fantasía”
Os mércores 10, 17, 24 e 31 de xullo
 
Entre contos e cores “Debuxando historias”
Os mércores 7, 14, 21 e 28 de agosto

 

Para nenos e nenas de 8 a 12 anos
De 11:00 a 12:30
 
Iniciación ao Scratch “Deseña o teu xogo”
Os martes 9, 16, 23 e 30 de xullo
 
Arquitectura e reciclaxe “Inventa con conciencia”
Os martes 6, 13, 20 e 27 de agosto

 

Galego

Tech STEAM

  • Impresión 3D
  • Robótica educativa con Mbot
  • Debuxo 3D con Doodle
  • Programación con Scratch
  • Fabricación dixital con Tinkercard

Catro quendas, dúas por cada grupo de idade:

  • 1-12 xullo: de 11 a 14 anos
  • 15-30 xullo: de 7 a 10 anos
  • 1-14 agosto: de 7 a 10 anos
  • 19-30 agosto: de 11 a 14 anos

HORARIO: 10:30-13:30

Galego

Obradoiros de electrónica e robótica maker

Obradoiro de robótica a cargo de Vermislab no que construimos robots utilizando motores e material de refugallo.

Tamén traballamos con electrónica facendo robots a través de circuitos electrónicos utilizando LEDS, compoñentes electrónicos, plastilina e material de refugallo.

Para nenos e nenas de 4 a 14 anos, que poden estar acompañados/as dunha persoa adulta.

No salón de actos. Máximo 20 participantes. Entrada por rigorosa orde de chegada.

Galego

Contos e Lendas de Misterio

Sinopse: Neste obradoiro os nenos e nenas participantes terán a oportunidade de achegarse á riqueza literaria de tradición oral galega a través dunha selección de contos e lendas de misterio que rematará coa resolución progresiva dun enigma que contará coa participación de todos/as.

Con inscripción previa, a partir do 8 de maio, mércores, na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 15 92 50), en horario de 9 a 20:30.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro