Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Clubs de lectura 2019-2020

Club “Voz de muller”:  luns alternos desde o 7 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de francés:  martes alternos desde o 8 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de castelán:  todos os mércores desde o 9 de outubro de 17.00 a 18.00 h.

Club de galego:  xoves alternos desde o 10 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

 

 

Prazo de inscricións do 23.09.2019 ás 9.00 h. ao 27.09.2019 ás 21.00 h. no mostrador de recepción (planta baixa).

 

Normas da inscrición:

Galego

Observación do ceo nocturno con telescopio

Observación do ceo nocturno con telescopio realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela.

A actividade comeza ás 20h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, faise a observación dos astros a través do telescopio no exterior da biblioteca, cunha duración aproximada dunha hora.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador do andar baixo da biblioteca o mesmo día a partir das 18h.
O número máximo de participantes é de 20. 

Galego

Laboratorio de arte contemporánea e xénero

INSCRICIÓN: dende o 10 de setembro na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.
➡️HORARIO: mércores de 18.00 a 20.30 h. (unha sesión semanal)
➡️INICIO: 25 de setembro
➡️REMATE: 11 de decembro

Esta actividade encádrase no Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Galego

Atréveste a traducir connosco?

Neste obradoiro farase unha breve viaxe polas páxinas da historia da tradución ao galego da literatura dirixida ás crianzas na que faremos paradas nalgunhas destas obras para valorar as traducións e así dar comezo ao debate. Veremos que existen diversas opinións e que a meirande parte delas son válidas...Hai tantas formas de traducir literatura coma profesionais que se dedican a este fermoso traballo!

A continuación, poñerémonos mans á obra e traduciremos un fragmento dunha obra literaria para convertérmonos en profesionais da tradución!

Galego

Obradoiro de fotografía con teléfono móbil

Obradoiro de fotografía con teléfono móbil, a cargo de Jorge Valenciano

Público destinatario: Público adulto, a partir de 16 anos (25 prazas)

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: venres de 17:30 a 20:30 -- sábado de 10:30 a 13:30

Con inscripción previa, a partir do 7 de outubro, luns, na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 159 250), en horario de 9:00 a 20:30.

Materiais necesarios: Teléfono móbil con cámara

Entrada de balde

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro