Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de Montaxe e Narrativa Audiovisual

Colaboramos coa 16º edición do festival de cine Curtocircuíto para acoller este obradoiro sobre montaxe e narrativa cinematográfica impartido pola ECAM (Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid).

Diríxese a o alumnado de Secundaria e Bacharelato, e é unha actividade enmarcada dentro do programa de alfabetización audiovisual que leva a cabo a ECAM en todo o territorio nacional. 

Galego

¡Hola Familia!

As Termas Centro Comercial acollerá novas actividades enmarcadas no club “¡Hola Familia!”, destinado a embarazadas e padres e madres con fillos menores de 3 anos. Así, todos os sábados de setembro, outubro e novembro haberá diferentes clases, charlas e obradoiros.

Galego

A biblioteca máxica

Conmemoramos o Día da biblioteca con este obradoiro no que practicamos sinxelos xogos de maxia, as técnicas máis importantes para aumentar a capacidade imaxinativa e de coordinación, fomentar a solidariedade mediante o traballo en equipo, perder o medo escénico e falar en público.

Consta de tres sesións de 1 hora e 15 minutos de duración cada unha, os venres 11, 18 e 25 de outubro ás 18:30h.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 14 anos.

Galego

Trick or treat?

 

Obradoiro en inglés. Sesión baseada en Halloween. Traballarase o vocabulario da celebración (bruxa, morcego, cabaza), así como o dos disfraces. Para iso lerase un conto, que os nenos e nenas tentarán teatralizar, debuxarase un monstro e farase un xogo de adiviñas para reforzar o vocabulario.

Duración: 60 minutos aprox.

Aforo: 35 nenos/as.

Idade: de catro anos en adiante.

Galego

Igualad@s: gymkana pola igualdade

Os obradoiros "Igualad@s: gymkana pola igualdade" están orientados a público xuvenil e celebraranse na Biblioteca Pública de Pontevedra:

  • Venres 4 de outubro de 18.00 a 20.00 h. para a mocidade de 16 a 18 anos (15 prazas).
  • Sábado 5 de outubro de 11.00 a 13.00 h. para a mocidade de 12 a 15 anos (15 prazas).

Inscrición previa a partir do día 23 de setembro na entrada da Biblioteca (información) ou por teléfono (886159250) en horario de 9.00 a 20.30 h.

Entrada de balde.

Galego

Clubs de lectura 2019-2020

Club “Voz de muller”:  luns alternos desde o 7 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de francés:  martes alternos desde o 8 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de castelán:  todos os mércores desde o 9 de outubro de 17.00 a 18.00 h.

Club de galego:  xoves alternos desde o 10 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

 

 

Prazo de inscricións do 23.09.2019 ás 9.00 h. ao 27.09.2019 ás 21.00 h. no mostrador de recepción (planta baixa).

 

Normas da inscrición:

Galego

Observación do ceo nocturno con telescopio

Observación do ceo nocturno con telescopio realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela.

A actividade comeza ás 20h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, faise a observación dos astros a través do telescopio no exterior da biblioteca, cunha duración aproximada dunha hora.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador do andar baixo da biblioteca o mesmo día a partir das 18h.
O número máximo de participantes é de 20. 

Galego

Laboratorio de arte contemporánea e xénero

INSCRICIÓN: dende o 10 de setembro na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.
➡️HORARIO: mércores de 18.00 a 20.30 h. (unha sesión semanal)
➡️INICIO: 25 de setembro
➡️REMATE: 11 de decembro

Esta actividade encádrase no Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro