Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro: Maxia ou Ciencia

Obradoiro para achegar a ciencia aos nenos a través do descubrimento.

 

Público destinatario: Público infantil, de 6 a 8 anos (15 prazas) e de 9 a 12 anos (15 prazas).

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: De 18:00 a 19:00 (de 6 a 8 anos)

          De 19:15 a 20:15 (de 9 a 12 anos)

 

Con inscripción previa, a partir do 18 de novembro na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 15 92 50), en horario de 9 a 20:30.

 

Entrada de balde

Galego

'Disidentes! Cine e outras sublevacións cotiás'

Curso impartido no CGAC no que se tratará de unir o xesto cinematográfico co xesto político.
PROGRAMA:
2/10: “Estou furioso e non penso aguantalo máis!”: Network (Sidney Lumet, 1976)
9/10: Apátrida do universo: Wakefield (Robin Swicord, 2016) 
16/10: Melancolía da disidencia: Harmonías de Werckmeister (Béla Tarr, 2000)
23/10: “A guerra máis inútil e máis sanguenta: a guerra por ser eu”: O desencanto (Jaime Chávarri, 1976)
30/10: “Obedece, consume, confórmate”: Están vivos! (John Carpenter, 1988) 

Galego

Toponimízate 2019

A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso.

Galego

Obradoiro de Iniciación á programación robótica

Obradoiro de Iniciación á programación robótica- Proxecto de reciclaxe no que as nenas e nenos integran a robótica no pensamento sustentable.

Programan robots capaces de facer unha reciclaxe selectiva para axudar a manter limpo o medio ambiente.

Dirixido a nenas e nenos de 8 a 14 anos.

É precisa a inscrición previa aquí.

No salón de actos da biblioteca.

Galego

Creadores de mundos con realidade aumentada

Obradoiro para practicar a arte de contar historias (Storytelling) mediante vídeos, realidade aumentada e deseño 3D.

Nesta actividade os nenos e nenas practican a arte de contar historias (Storytelling) utilizando gravación de video, youtube, realidade aumentada e deseño 3D. Crean as súas propias aplicacións, gravan as súas historias, imprimen distintos elementos e son os/as protagonistas das súas propias historias e enigmas. Convértense en Creadores/as de Mundos, o único límite está na súa imaxinación! 

Dirixido a nenas e nenos de 8 a 14 anos.

Galego

Mensaxes de loita en tea

Na Semana contra a violencia de xénero queremos pensar nas mulleres, nas recoñecidas e nas que temos máis preto, e por elas protestar.

Neste obradoiro creamos lemas, palabras e formas en forma de bolsas de tea que representen a loita polos dereitos das mulleres.

Dirixido a nenas e nenos de 7 a 16 anos. 

Requírese inscrición previa aquí.

Cada participante debe ter carné da biblioteca no momento da inscrición. Máximo 20 participantes. 

Galego

Robótica educativa

Robótica educativa, obradoiro por Stemarte

Obradoiro de róbotica educativa no que os participantes construirán e programarán un robot con material de lego education. Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.

Taller para nenos e nenas de 6 a 12 anos

Dúas sesións. Sala de actividades. É necesaria inscrición

Galego

Arqueología experimental “TESSELLAE. Mosaicos romanos”

ARQUEOLOXÍA EXPERIMENTAL. "TESSELLAE. Mosaicos romanos", obradoiro por Arqueo Recreación

Obradoiro que ten por obxecto presentar as técnicas de elaboración de teselas e a súa combinación para a creación dun mosaico.

Actividade didáctica na que se fará un percorrido histórico desta arte decorativa, explicando o seu proceso e as técnicas de elaboración na antigüidade dando os pasos necesarios para que cada participante elabore o seu propio mosaico.

20 prazas

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro