Farois chineses da boa sorte
Obradoiro impartido por un grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Han Yu (韩禹) presidente da Asociación China Universitaria de Santiago de Compostela (圣地亚哥大学中国学生学联) e Miguel Cortés Hernández (米東方), vogal de Intercambios Lingüísticos e Actividades Culturais da Asociación.
Construimos estes elementos tan vistosos e tradicionais, decorados cos caracteres chineses da boa sorte para celebrar o Ano Novo da Rata.
Ao finalizar, as persoas que o desexen poden acompañar á Asociación Qu Yuan ao lago do Parque da Música a botar os farois á auga.

