Evento: Os camiños da brétema
Os camiños da brétema
Os camiños da brétema
Mostra da obra de Vicente Ansola
Vicente Ansola leva anos mostrando tanto dentro como fóra das fronteiras de Galicia a realidade de moitas das nosas aldeas. No seu traballo O Pobo das Néboas, realizado íntegramente no concello de A Pontenova e premiado co prestixioso Master Hasselblad no 2.012, reflexa a xeito de melodía fotográfica o canto de cisne do noso rural.
Pero a súa non é unha perspectiva deprimente, nin sequera pesimista. Nas súas imaxes aparece, si, o innegable abandono, pero cada rincón convértese baixo a súa mirada nun lugar máxico poboado por trasgos e fadas que se insinúan constantemente entre unha néboa que matiza obxectos e cores.
Ligazóns